Os pagamentos de varias taxas municipais en Poio poderán fraccionarse ata en seis meses
Por Redacción
A comisión de Urbanismo deste martes en Poio servirá para aprobar o Padrón Fiscal e de Servizos que se corresponde aos meses de marzo e abril de 2020, en relación coas taxas vinculadas a prestacións como a rede de saneamento ou o abastecemento. Trátase de impostos con pagos que quedaron en suspenso coa entrada do estado de alarma.
Agora, o concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, anunciou que o Concello habilitará unha liña para aprazar o pago destes recibos. Prolongarase ao longo de seis meses sen custo ou regargo adicional para a cidadanía.
Segundo explicou o concelleiro responsable da área, pódense acoller a este fraccionamento tanto as persoas que teñan domiciliado o pago das taxas como aquelas que non. Barreiro confirmou que os contribuíntes que opten por descartar este fraccionamento contarán cun mes a maiores para realizar a cobranza. O período de dous meses pasa a ser de tres, de forma que se poderá realizar ata principios do mes de xuño.
Os documentos e formularios necesarios poderán descargarse da web municipal. O concelleiro de Facenda tamén afirmou que se estuda o encaixe legal doutras fórmulas para axudar aos negocios que paralizaron a súa actividade durante os meses de confinamento. O Concello estuda unha modificación da ordenanza correspondente, atendendo aos informes de Tesourería, para poder levalo ao pleno para a súa aprobación no menor tempo posible.
PLENO TELEMÁTICO E POR YOUTUBE
Este martes 19 celebrarase a partir das 09.30 horas, a primeira sesión plenaria da corporación despois de que se decretase o estado de alarma. Será tamén a primeira sesión telemática e poderase seguir en directo a través da canle de Youtube Plenos do Concello.
A convocatoria ten carácter extraordinario, co obxectivo de axilizar a tramitación de varios expedientes e debaterase o Plan Económico Financieiro 2020-21 e tamén sobre o Plan de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
Relacionadas:
-
O martes aprobaranse bonificacións a autónomos de Poio que certifiquen a inactividade no confinamento
Por Redacción |
-
O Concello de Poio lembra á veciñanza que pode aprazar o pago dos recibos do lixo e da auga
Por Oskar Viéitez |
-
Un pleno extraordinario aprobará a bonificación total do recibo do lixo dos comercios inactivos durante o confinamento
Por Redacción |
-
Ángel Moldes critica que o pleno rexeitase a proposta do PP de baixar os impostos
Por Oskar Viéitez |
-
Poio estuda fórmulas para reducir o impacto económico do coronavirus no municipio
Por Redacción |
-
O PP propón ao Concello medidas económicas "máis ambiciosas e directas" polo coronavirus
Por Redacción |