Doce denuncias a bares de Pontevedra por incumprir a normativa das terrazas
Por Oskar Viéitez
A concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Vilaverde informou que a Policía Local de Pontevedra tramitou durante a pasada semana un total de doce denuncias a bares por incumprir a normativa das terrazas.
Coa entrada na fase 1 da desescalada e a apertura limitada das terrazas, tanto os propietarios destes establecementos como os clientes teñen que respectar unha serie de condicións impostas por Sanidade. Lembremos, limitouse ao 50% as mesas permitidas, débese gardar unha distancia física de dous metros entre mesa e mesa e a ocupación de cada unha delas non pode ser de máis de dez persoas, que deben gardar entre si a distancia interpersoal.
Ademais, os hostaleiros deben limpar e desinfectar as mesas e cadeiras entre cliente e cliente, que non poderán consumir de pé na terraza.
En Pontevedra, desde o pasado luns e ata o domingo, tramitáronse 12 denuncias a 8 locais, algúns deles reincidentes.
Eva Vilaverde precisou que a metade desas denuncias son por "cuestións administrativas" como non ter autorización para instalar o velador ou por poñer máis mesas das que contempla a licenza. A gran maioría destas infraccións cometéronse na "zona periférica á zona monumental".
Destas doce, os axentes municipais tramitaron 6 denuncias por non respectar a distancia entre persoas.
A concelleira Eva Vilaverde destacou o "esforzo" realizado polo sector hostaleiro da Boa Vila para "cumprir as normas" e que "en xeral apreciouse unha actitude proactiva e construtiva".
515 DENUNCIAS
A concelleira de Seguridade Cidadá tamén deu conta este luns en rolda de prensa das multas impostas pola Policía Local por non cumprir o estado de alarma, desde o 14 de marzo e ata este domingo que suman un total de 515 en Pontevedra, 77% homes. Un 35% das multas son a persoas reincidentes que xa teñen unha ou máis infraccións.
Na última semana do 11 ao 17 de maio, "foi tranquila" e tan só impuxéronse un total de 11 denuncias.
Por último, Vilaverde tamén sinalou que os datos de tráfico da última semana na cidade demostran unha " volta a unha relativa normalidade" coa "activación" económica progresiva da cidade.
Así, o aforo por rúas como Uxío Novoneyra xa se atopa con fluxos de tráfico que só son uns 27% inferiores á situación previa ao estado de alarma. Noutras rúas como Manuel do Palacio-San Roque o descenso é do 46%; Xosé Malvar, 41% e María Victoria Moreno 40%.
Outro dato "positivo" é o do servizo de recollida de lixo porta a porta en domicilios con pacientes de COVID-19 en Pontevedra. A día de hoxe só hai dous casos activos en toda a cidade.
Relacionadas:
-
A Policía Local tramita 17 multas, 4 a locais de hostalería, por incumprir as normas anticovid na última semana
Por Manu Otero |
-
Sancionan un mozo por estar con amigos, non levar máscara e rirse da Policía Local
Por Alejandro Espiño |
-
A desescalada tamén se nota no número de multas da Policía Local
Por Oskar Viéitez |
-
Os hostaleiros de Pontevedra, entre a necesidade, unha clientela desbocada e a presión policial
Por Manu Otero |
-
Sábado de terraceo con bo tempo e sen incidentes
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O Concello asesora aos hostaleiros para redistribuír as terrazas e ampliar ao máximo o número de mesas
Por Redacción |
-
A policía será "máis contundente" na súa vixilancia sobre o cumprimento do aforo nas terrazas
Por Manu Otero |
-
Os hostaleiros alertan de terrazas masificadas e piden aos clientes que sexan responsables
Por Manu Otero |
-
Primeiro día de reapertura das terrazas: poucas abertas e cheas de xente
Por Redacción & Mónica Patxot |