Vaipolorío denuncia unha vertedura incontrolada de residuos entre Salcedo e Tomeza
Por Redacción
A asociación ecoloxista Vaipolorío denunciou este venres un novo episodio de vertedura incontrolada de lixo nas proximidades do río Gafos, neste caso, entre as parroquias pontevedresas de Salcedo e Tomeza.
O colectivo puxo os feitos en coñecemento do Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112 e indica que se localiza no tramo entre ponte da Condesa, en Tomeza, e o muiño de Cabanas, en Salcedo.
Segundo relata, aparecen sacas cheas de distintos tipos de residuos aparentemente de obra e tamén outra acumulación de lixo na vía de servicio do T.A.V que transcurre paralela ao río Tomeza-Gafos.