Abre o prazo para matricular a menores nas escolas infantís públicas e concertadas
Por Redacción
A Xunta de Galicia abre este venres 15 o prazo para matricular a menores para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas públicas concertadas en centros privados. O período de inscrición finalizará o 29 de maio.
Con esta medida, desde a administración autonómica afírman que queren diminuír a inquedanza das familias respecto ao próximo curso nas escolas para menores de 0 a 3 anos. A Xunta sinala que aínda se mantén á espera de que o Goberno central estableza uns criterios claros sobre os prazos e as condicións para abrir estes espazos.
A presentación das solicitudes deberá facerse preferentemente de maneira telemática a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia. Con esta decisión quérese evitar que as familias se despracen fisicamente para realizar as matrículas nestes momentos de alerta sanitaria.
Preséntanse dúas novidades principais para este novo período escolar, segundo expoñen desde a Xunta. O próximo curso será a primeira vez en que se aplique a gratuidade para segundos e sucesivos fillos na atención educativa.
Ademais, polo menos unha das escolas infantís das sete principais cidades de Galicia ampliará o seu horario de actividade ata as 20.00 horas para mellorar a conciliación familiar.
As prazas públicas e as contratadas en escolas privadas compleméntanse coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e a través do Bono Conclilia, do mesmo xeito que coas que dependen dos concellos.
Relacionadas:
-
A Xunta diríxese á Deputación para garantir a gratuidade da gardería de Príncipe Felipe para segundos fillos
Por Natalia Puga |
-
O prazo de inscrición nas escolas infantís públicas e concertadas expira o 29 de maio
Por Redacción |
-
Cinco operarios desinfectan as escolas infantís municipais coa intención de abrir o 25 de maio
Por Redacción |
-
Feijóo admite que en Galicia aínda quedan "días e semanas duras"
Por Oskar Viéitez |