Unha menor resulta ferida tras ser atropelada no centro de Meaño
Por Redacción
Segundo informaba o servizo de emerxencias do 112, pasadas as 9 horas desta mañá do martes 6 de agosto, unha menor resultaba ferida ao ser atropelada por un turismo cando cruzaba polo centro de Meaño á altura da Praza do Concello. Trátase dunha moza de once anos, integrante da Banda de Música de Meaño.
Ata a zona achegáronse axentes da Policía local e unha ambulancia do 061 que o trasladou ata o Hospital Provincial de Pontevedra con feridas que, inicialmente, non revisten gravidade.
ACCIDENTE EN CAMBADOS
En Cambados, un particular alertaba ao servizo de Emerxencias do 112 dun turismo que se saía da estrada cara a Vilagarcía a altura do Corbillón e impactaba contra outro vehículo que se atopaba aparcado. O accidente sucedía sobre as 11:15 horas desta mañá e ata o lugar trasladábanse dotacións da Garda Civil e de Protección Civil de Cambados. O condutor del coche resultou ferido e foi trasladado a un centro hospitalario por unha ambulancia.