O Centro de Acollida de Animais da Deputación volve tramitar adopcións de cans
Por Redacción
O Centro de Acollida de Protección de Animais da Deputación volve tramitar os procedementos de adopción de cans que quedaron suspendidos o pasado marzo coa declaración do estado de alarma. Con todo, a entidade provincial advirte que se retoman cun estrito protocolo de medidas preventivas que comezan coa solicitude de cita previa.
As persoas interesadas deben chamar ao número 986 140 360. Unha vez que se atopen no centro, situado na Armenteira, deberán esperar a súa quenda no exterior do recinto. Dentro recibirán unha atención individualizada e empregaranse sempre luvas e máscaras protectoras, ademais de respectar a distancia de seguridade.
O protocolo para seguir incumbe igualmente ao persoal que traballa no centro de acollida, de forma que se realiza un traballo individualizado, as entradas e saídas fanse por quendas escaladas, realízase desinfección exhaustiva de equipos e das propias instalacións. O CAAN ten xa unha listaxe de persoas que están interesadas en solicitar información para realizar adopcións e estanse tramitando as citas para formalizalas.
Desde mediados de marzo ata o de agora o centro tivo que recoller a 105 animais abandonados, dos cales ata trinta eran cachorros. Meis foi o municipio onde maior número de cans recolléronse, ata trece; seguido de Crecente con once, e Lalín con nove animais abandonados.
O servizo de lacería desenvolverase sen as restricións anteriores que o limitaban a casos de atención necesaria e urxente.
Relacionadas:
-
'Os avós' do CAAN, Apro e Coqui, atopan un fogar despois de seis e catro anos no centro de acollida
Por Redacción |
-
'Pipa' e 'Comba', dúas "felices recuperacións" no CAAN tras ser operadas de urxencia en pleno estado de alarma
Por Redacción |
-
Sete gatos recollidos en Cuntis buscan fogar con urxencia
Por Redacción |
-
29 cans adoptados na primeira semana de reapertura do CAAN
Por Redacción |
-
Propoñen ‘pre-adopcións’ por internet para axilizar a actividade do Centro de Acollida de Animais da Deputación
Por Redacción |
-
Recollidos 23 cans das rúas durante o estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
O centro provincial de acollida de cans restrinxe a súa actividade polo coronavirus
Por Redacción |