Sanxenxo contratará vixiantes de apoio para controlar o aforo e distanciamento nas súas praias
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo segue avanzando nas xestións e previsións estivais que miran ao sector turístico. Este mércores 13 de maio está prevista reunión urxente e extraordinaria do Consello de Administración de Turismo de Sanxenxo en cuxo orde día inclúese a contratación de persoal para garantir a seguridade e o control das súas praias.
Trátase de socorristas, sanitarios e por primeira vez, vixiantes de apoio cuxa función será vixiar que non se excede o aforo permitido nos seus areais, así como o cumprimento das medidas de distanciamento entre persoas que eviten contagios. O Concello contempla como posibilidade engadir tres novas bandeiras azuis, de forma que eleva a contratación ás 108 persoas, 36 máis que no último verán.
Eses máis de cen contratos serán: 82 socorristas e sanitarios, que supoñen dez máis que o ano anterior e 26 vixiantes de apoio. Debido ás restricións de actividades e movementos que aínda están en vigor, o proceso de selección modifícase.
Desta forma, para garantir a igualdade de oportunidades e evitar situacións de risco, esta vez elimínanse as probas físicas presenciais e a documentación que teñan que presentar os aspirantes farase por Rexistro con cita previa. Estes realizarán un test vía telemática e se evalurarán ademais cunha valoración de méritos.
Na reunión do organismo Turismo de Sanxenxo inclúese por outra banda, o levantamento da suspensión do concurso para o servizo de balizamento de praias de forma que aínda queda o resto de días hábiles da semana para concorrer. O prezo de saída é de 257.730 euros e como novidade inclúe a iluminación nocturna de Silgar, Panadeira e Caneliñas.
Tamén se sacará a concurso o servizo de limpeza de aseos en praias, que tamén ante a pandemia fai máis rigoroso o prego de condicións.
Relacionadas:
-
Sanxenxo informará a través dunha APP turística sobre as medidas de seguridade sanitaria
Por Redacción |
-
Os socorristas advirten do risco de que algún Concello quede sen vixiantes nas súas praias este verán
Por Manu Otero |
-
O PSOE de Sanxenxo considera "agravio comparativo" destinar 60.000 euros á parcelación da praia de Silgar
Por Redacción |
-
Sanxenxo incorpora vinte operarios de xardíns, praias e servizos ao seu persoal municipal
Por Redacción |
-
"Este verán os socorristas van necesitar moita axuda porque son un colectivo moi exposto"
Por Marisa Ciordia |
-
"Garantía sanitaria, flexibilidade na oferta e confianza", factores crave para reactivar o turismo nas Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Esixen un plan sanitario de continxencia ante a "masiva" afluencia de visitantes a Sanxenxo
Por Redacción |
-
Silgar quedará sen kiosco este verán para deixar o espazo libre para bañistas
Por Redacción |
-
Os concellos da ría esperan a axuda da Xunta e a evolución do estado de alarma para preparar a tempada de praias
Por Manu Otero |
-
Temen unha "mercantilización" das praias coas medidas de Telmo Martín para Silgar
Por Redacción |
-
Sanxenxo reactívase coa chegada da fase 1 da desescalada
Por Redacción |
-
Haberá acomodadores para controlar o aforo de Silgar
Por Oskar Viéitez |
-
En Sanxenxo xa hai hoteis co cartel de "completo" para todo o mes de agosto
Por Oskar Viéitez |