VÍDEO.- A Xunta reforza os equipos de loita contra a avespa asiática con máis persoal
Por Redacción
A loita contra o coronavirus absorbe toda a atención, pero as administracións non apartan a vista doutros problemas como a expansión da avespa asiática. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este martes as instalacións de Seaga onde anunciou que a próxima semana reforzarase o equipo encargado da retirada de niños e animou á cidadanía para chamar ao 012 para avisar da presenza destas colmeas que nesta época do ano atópanse en fase de expansión.
O novo persoal unirase ao equipo despois de recibir formación específica e contará cos medios necesarios para realizar o traballo con todas as garantías de seguridade. Así mesmo, contarán con novos equipamentos para ser máis eficientes como marcadoras de aire comprimido de gran alcance, pértegas máis lixeiras e bombas de batería para a impulsión do biocida.
Nos catro meses que leva o plan en funcionamento, ao que están adheridos o 90 % dos concellos galegos, un total de 278, os efectivos de Seaga atenderon máis de 2.100 avisos, a maioría deles nas provincias de Pontevedra e A Coruña. Neste tempo, neutralizaron preto de 500 niños.
Doutra banda, desde o mes de febreiro informan por SMS do estado dos avisos ás persoas que comunicaron da súa presenza. Desta forma, planifican a visita do persoal de campo co comunicante, ao que logo informan do estado da actuación.
Desde a Xunta, destacan que debido á importancia deste servizo mantívose activo durante o estado de alarma, a pesar de que o número de chamadas reduciuse de forma notable durante o confinamento. O plan de loita contra a avespa velutina está dotado con 2,3 millóns de euros.
Relacionadas:
-
O Plan de loita contra a ‘vespa velutina’ reforza os equipos de intervención para a retirada eficaz dos niños
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Retiran do interior dunha casa de Cuntis un niño de velutinas de gran tamaño
Por Redacción |
-
Chamamento á cidadanía para reforzar o grupo de voluntariado anti velutina, que retira 500 niños por ano
Por Natalia Puga |