Sogama reactiva a contratación cun investimento de máis de 5 millóns de euros en melloras no seu complexo ambiental
Tralo obrigado parón nos procedementos administrativos como consecuencia da crise sanitaria do COVID-19, Sogama reactiva,cun investimento de máis de 5,1 millóns de euros, a contratación de obras e servizos a fin de acometer diversas melloras no Complexo Medioambiental de Cerceda (A Coruña).
Entre as mesmas, cabe reseñar a ampliación do depósito controlado de cinzas, cun importe de licitación de 2.783096,32 euros. Neste sentido, é preciso recordar que Sogama somete a valorización enerxética, a temperaturas superiores a 850º e utilizando os sistemas de depuración de gases máis innovadores e vangardistas, a fracción non reciclable dos residuos urbanos, resultando deste proceso dous produtos finais: escouras (inertes) e cinzas. As primeiras entréganse a xestor autorizado e assegundas son introducidas en sacos big-bag, herméticamente pechados, para ser ubicadas nun depósito que cumpre con todos os requisitos ambientais e as máximas garantías de seguridade.
A obra a acometer está suxeita aos requisitos da Autorización Ambiental Integrada, destacando o potente sistema de impermeabilización do fondo do vaso, dotado de varias capas conformadas polos seguintes elementos: xeocomposto bentonítico de 5.000 g/m2, diversas láminas de PEAD de 2 mm de espesor lisa, xeocomposto drenante constituído por unha xeomalla drenante de PEAD e lámina de xeotéxtil non tecido de 120 g/m2, ademais dunha capa de 50 cm de grava drenante 15/30 mm e cunha condutividade hidráulica superior a 10-4 m/s.
SISTEMAS DE DEPURACIÓN AUTOMÁTICOS E MÁIS EFICIENTES
Así mesmo, a compañía procederá á automatización e optimización do funcionamento das depuradoras do Complexo a fin de facelas máis eficientes. Cunha contía de 164.868,55 euros, esta licitación comprende a actualización do hardware de control automático, así como o deseño, programación, instalación e posta en marcha dun novo software de control SCADA.
NOVO EDIFICIO DE SERVIZOS CON PRESTACIÓNS REFORZADAS
Tamén sacará a concurso, por 2.158.673,26 euros, a obra do novo edificio de servizos coa pretensión de seguir mellorando as condicións laborais dos traballadores e que estes dispoñan dos medios axeitados para levar a cabo o seu labor coas maiores garantías de hixiene, seguridade e salubridade.
O novo edificio albergará vestiarios, zona de descanso, comedor, sala de formación, así como a área de enfermería. Adicionalmente, incluirase a instalación dun sistema de carga de vehículos eléctricos no parking do complexo.
A contratación esixe a dotación, en réxime de aluguer, de módulos provisionais para que, durante o período de execución da obra, os operarios sigan contando coas mesmas prestacións.
As licitacións correspondentes á ampliación do depósito controlado de cinzas, así como a obra do novo edificio de servizos, xa están publicadas na plataforma SILEX da Xunta de Galicia.
Relacionadas:
-
Cambio de tendencia na xeración de residuos: durante o estado de alarma subiu e en xullo baixou
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama reciclou máis de 65.000 quilos de residuos sanitarios durante o Estado de Alarma
Por Redacción |
-
A reciclaxe de envases lixeiros no modelo Sogama incrementouse nun 25% durante os meses de marzo e abril
Por Noticia patrocinada |
-
Medio Ambiente encomenda a Sogama a xestión de cinco toneladas diarias de residuos sanitarios
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama amplía o seu programa ‘Caderno Verde’ con actividades para facer na casa
Por Noticia patrocinada |