A cita na ITV terá que seguir na lista de "pendentes"
Por Redacción
As estacións de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) están autorizadas a abrir en todos os territorios nos que se activou a fase 1 da desescalada. Con todo, en Pontevedra aqueles condutores que teñan pendente pasar a revisión terán que seguir esperando, pois as estacións de Bora (Pontevedra), Curro (Barro), Bueu e Vilagarcía continúan pechadas e non avanzan cara á 'nova normalidade'.
Aínda que o Boletín Oficial do Estado (BOE) do sábado autorizaba a apertura destes espazos independentemente da superficie dos seus locais desde este luns 11 de maio, sempre con cita previa para os seus clientes, a empresa concesionaria do servizo nas estacións de Galicia, Supervisión e Control SA - SYC, optou por non facelo.
A propia empresa comunícao aos seus usuarios a través dun "aviso importante" na súa páxina web, no que anuncia que continúan co peche temporal das súas estacións ITV e avanza que, unha vez se coñeza a data de reapertura, volverá poñer ao dispor dos clientes o servizo de cita previa, pero, de momento, non será posible gardar cita para a revisión.
O Real Decreto 463/2020 de activación do estado de alarma establece a suspensión dos prazos de vixencia de permisos, autorizacións, licenzas ou documentación acreditativa que requiran prórroga expresa ou nova autorización. Por tanto, durante este período a obriga de realizar as inspeccións técnicas e a verificación dos taxímetros queda suspendida.
Desta maneira, aqueles vehículos aos que lles caduque a inspección neste período poderán circular sen problemas en canto a multas e seguros.
Relacionadas:
-
RADIO.- Estás entre os condutores que pagarán dúas veces a ITV?
Por Marisa Ciordia |
-
Xa podemos pedir cita na ITV
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Como foi a 'nova normalidade' no comercio de Pontevedra?
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Viaxar a segundas residencias será posible desde o luns se está na mesma provincia
Por Alejandro Espiño |
-
Que podemos facer en Pontevedra na fase 1 de desescalada?
Por Redacción |
-
A ITV non debe ser outro motivo de preocupación: as estacións están pechadas e os prazos de vixencia, suspendidos
Por Redacción |