Reabren o santuario da Peregrina sen oficios relixiosos e con aforamento limitado
Por Redacción
A fase 1 da desescalada servirá tamén para que igrexas e centros relixiosos poidan retomar certa actividade. Así será, entre outros, o caso do santuario da Peregrina, que reabrirá as súas portas este luns 11 de maio.
Iso si, será con condicións. Haberá un horario determinado e con drásticas medidas de seguridade e de coidado sanitario.
Por agora, o santuario da Peregrina non celebrará ningún tipo de oficio relixioso.
O templo abrirá de 9.30 a 13.00 horas polas mañás e de 18.00 a 20.00 horas polas tardes.
O acceso estará limitado a un máximo de 20 persoas que deberán usar máscara protectora e luvas, así como permanecer todo o tempo nos asentos habilitados.
En ningún caso poderán sentar máis dunha persoa por banco, salvo aquelas que acompañen a persoas con algunha dificultade ou discapacidade.
Non estará permitirá tampouco a reunión de persoas dentro do santuario nin no adro e todos os asistentes deberán gardar unha distancia mínima de dous metros entre elas.
Relacionadas:
-
Como foi a 'nova normalidade' no comercio de Pontevedra?
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Había ganas de Peregrina: confesións con máscara, oracións de pé e 60 fieis na reapertura
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Viaxar a segundas residencias será posible desde o luns se está na mesma provincia
Por Alejandro Espiño |
-
O CGTD, preparado para a súa apertura este luns 11 de maio
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Que podemos facer en Pontevedra na fase 1 de desescalada?
Por Redacción |