O PSOE de Marín cre que o plan de impulso ao comercio é "pouco ambicioso e moi desigual"
Por Oskar Viéitez
Para o PSOE de Marín os anuncios que se van facendo dende o Concello de Marín para axudar ao comercio e a hostalería local son "moi escasos". Ata o de agora, segundo os socialistas, o impacto económico das medidas anunciadas rolda os 130.000 euros sumando o que se destine este ano e o ano que ven.
Desta cantidade aproximadamente 70.000 euros serán en concepto de exención de pago de terrazas, "o cal orixina unha enorme desigualdade entre uns hostaleiros e outros".
O grupo municipal do PSOE cre que "esa desigualdade ten que ser corrixida con outras medidas porque todolos hostaleiros estiveron pechados e todos teñen gastos e perdas de ingresos".
Engaden que o pequeno comercio "é outro gran esquecido destas medidas de dinamización".
Por último, os socialistas queren que máis "implicación" por parte do goberno local e que teña en conta que "gastamos o dobre de cartos calquera ano nas Festas do Carme".
Relacionadas:
-
O PSOE pide medidas temporais para que bares sen terraza poidan instalar veladores
Por Redacción |
-
Unha ducia de locais instalan terrazas no casco urbano de Marín no primeiro día da fase 1
Por Redacción |
-
Marín en Rede estrea a súa web con información multimedia dos negocios adheridos
Por Redacción |
-
O luns abre o prazo para que a hostalería de Marín solicite a ampliación de terrazas
Por Redacción |
-
O PSOE de Marín solicita unha reordenación temporal da mobilidade na contorna de acceso ás praias
Por Redacción |