Que podemos facer en Pontevedra na fase 1 de desescalada?
Por Redacción
A partir deste luns 11 de maio a provincia de Pontevedra, do mesmo xeito que o resto de Galicia, entra na fase 1 do proceso de desescalada. Isto significa que se aliviarán as restricións aínda que os pontevedreses non poderán cambiar de provincia.
Poderemos ir ver aos seres queridos, asistir a enterros e velorios, comprar sen cita previa, sentarnos nunha terraza ou ir á igrexa.
Franxas horarias só para paseos e deporte
- De 6 a 10 e de 20 a 23 horas para persoas de 14 anos a 69 anos
- De 12 a 19 horas para os nenos menores de 14, que poden ir en grupos de ata tres acompañados dun adulto
- De 10 a 12 e de 19 a 20 horas para os maiores de 69.
- Non hai limitacións horarias para ir ao supermercado ou comprar en calquera comercio
Non haberá restricións horarias para as parroquias de menos de cinco mil habitantes.
Reunións
- Poderanse celebrar encontros de ata dez persoas (nenos ou adultos), tanto en domicilios como en terrazas, respectando as medidas de seguridade e hixiene. Este límite non se aplicará ás persoas que conviven. Exclúense persoas con síntomas e colectivos vulnerables.
Visitas a familiares
- As visitas a familiares non conviventes realizaranse entre persoas sen ningunha patoloxía previa e que non sexan vulnerables. Con todo, estableceranse limitacións para maiores e xente con patoloxías, que poderán ir modificándose nas fases 2 e 3. As reunións poderán celebrarse tanto en casa como na rúa.
Vehículos
- Os vehículos poderán ir cheos se van persoas que convivan xuntas no mesmo domicilio. No caso de que non sexa así terán que facelo como ata o de agora, dous por liña e con máscara.
Centros educativos
- Abrirán os colexios, institutos e as universidades para a súa desinfección e a reactivación das xestións administrativas.
Velorios e enterros
- O límite de asistencia aos velorios e enterramentos sobe a 15 persoas en espazos ao aire libre e a 10 en lugares pechados.
Lugares de culto
- Restrición de aforo. Permítese a asistencia ao templo sempre que non se supere un terzo do seu aforo e cúmpranse as medidas de distancia social.
Locais comerciais
- Só poderían abrir aqueles que teñan menos de 400 metros cadrados. Sen cita previa. O aforo dos locais queda reducido ao 30 % aínda que respectando as medidas de distanciamento social. Deben manter un horario horario de atención preferente a maiores de 65 anos. Ademais, os comerciantes terán que desinfectar dúas veces ao día o local.
Mercados e mercadiños ao aire libre
- Os concellos poderán reabrir mercados e mercadillos ao aire libre na vía pública, aínda que con restricións relativas ao distanciamento entre postos, dando preferencia aos produtos agroalimentarios. Limítase ao 25% o número de postos habituais e a afluencia máxima permitida será da terceira parte do aforo. A mercadoría non pode ser manipulada polos clientes.
Terrazas
- As terrazas reabrirán, limitándose ao 50 % das mesas que tiñan permitidas, que deberán estar dispostas gardando a distancia mínima de dous metros entre as mesas e os grupos de clientes non superarán as dez persoas. Ademais, haberá que desinfectar as mesas entre un cliente e outro, e non se poderán utilizar cartas de uso común nin servilleteros. Os aseos deberán limparse un mínimo de seis veces ao día.
Campo e praias
- Poderase realizar turismo activo e de natureza en grupos limitados dentro da mesma provincia.
Hoteis
- Abrirán sen a utilización de zonas comúns e con restricións en servizos como o de restauración, entre outras actividades.
Espectáculos e museos
- Os actos culturais ao aire libre poderán desenvolverse con menos de 200 persoas, e en espazos pechados con menos de 30. Os museos poderán abrir cun terzo do aforo.
Ximnasios
- Só se poderá acudir para actividade individual que non implique contacto físico nin uso de vestiarios, e con cita previa. Os centros de alto rendemento deportivo poderán abrir pero con menor ocupación e por quendas, o que incluirá os campos de golf.
Relacionadas:
-
Volve o mercado ambulante este sábado ao Paseo Rafael Areses con máis espazo e medidas de seguridade
Por Redacción |
-
Os concellos da ría esperan a axuda da Xunta e a evolución do estado de alarma para preparar a tempada de praias
Por Manu Otero |
-
A cita na ITV terá que seguir na lista de "pendentes"
Por Redacción |
-
Educación reabre o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2020-2021
Por Redacción |
-
Reabren o santuario da Peregrina sen oficios relixiosos e con aforamento limitado
Por Redacción |
-
Viaxar a segundas residencias será posible desde o luns se está na mesma provincia
Por Alejandro Espiño |
-
O CGTD, preparado para a súa apertura este luns 11 de maio
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Vilagarcía terá un horario uniforme para todas as saídas na fase 1 e a Xunta lamenta as críticas do alcalde
Por Redacción |
-
Fase 1 de desescalada no deporte: apertura de ximnasios con cita previa e de instalacións deportivas ao aire libre
Por Diego Espiño |