'Caldas, Cultura Quente' ofrecerá un programa lúdico e cultural adaptado ás limitacións da pandemia
Por Redacción
O Concello de Caldas traballa no deseño dun programa de activides lúdicas e culturais para o verán no municipio. Propostas que sempre estarán adaptadas ás condicións e limitacións que vaia determinando a pandemia do COVID19. O que si está determinado e claro xa é o nome que levará e que é sobradamente reconocible: Caldas, Cultura Quente.
Con esa elección a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Deporte, alude a unha cultura comprometida coa contorna social e co carácter termal de Caldas. A pretensión pasa por desenvolver actividades durante todo o verán, levar estas propostas ao maior número de espazos públicos posibles para dinamizar todo o municipio e potenciar un turismo de proximidade.
Unha das accións que se perfila tamén é coñecida: Kaldarte, participada de artistas locais que ofrecerán poesía, teatro, cinema, maxia, actividades solidarias e interxeracionais, de forma que poidan gozalas todas as idades. A responsable deste departamento, Maía López explicaba que "estamos a elaborar distintos escenarios que teñan en conta as circunstancias e sexan unha oferta cultural de calidade, variada e que favoreza a reactivación económica e social".
Por agora avánzase se querán accións de pequeno formato e de rúa. Doutro lado contémplase poñer en marcha campañas de promoción turística con roteiros temáticos.
Exposicións, Biblioteca, deportes e xornada infantil
A actividade cultural do municipio irá retomando o pulso en breve co calendario de exposicións que tiveron que ser aprazadas e nas que se controlará o acceso para cumprir cos aforos permitidos. Tamén a Biblioteca Municipal está inmersa no seu plan de reapertura reducindo aforo, colocando biombos, provisionándose de xeles hidroalcohólicos, adoptando as medidas de prevención hixiénica co servizo de préstamo de libros, así como a desinfección das súas instalacións.
Pola súa banda, as actividades deportivas que non supoñan contacto nin compartir material tamén irán recuperándose, aínda que se dará prioridade ás que se realicen ao aire libre.
Queda pendiende determinar data para a xornada infantil que lles dedicará o Concello de Caldas para que haxa unha celebración dos aniversarios que coincidiron co confinamento e para agradecerlles a súa responsabilidade durante todas estas semanas.
Relacionadas:
-
Caldas, desde outra perspectiva coas 20 interencións artísticas de Kaldarte
Por Redacción |
-
Cultura Quente retoma o xoves a súa programación tras unha primeira semana de notable acollida
Por Redacción |
-
Comeza o Festival Cultura Quente con sesión de contos para adultos, DJs e música local
Por Redacción |
-
O 'Cultura Quente 2020' preséntase en cinco bloques temáticos que apostan pola creatividade local
Por Redacción |
-
Caldas de Reis ofrece a mostra fotográfica 'Auga. O sangue da terra' ata final de xullo
Por Redacción |
-
Caldas segue traballando con hostaleiros e comerciantes nun plan conxunto de protección e reactivación
Por Redacción |
-
Regresa a Caldas de Reis o mercado dos luns para a venda de produtos agrícolas
Por Redacción |
-
Augas de Galicia limpa o curso dos ríos que atravesan Caldas e Portas
Por Redacción |
-
O Centro Comarcal da Tafona de Caldas continúa coa repartición de máscaras infantís
Por Redacción |
-
Aquí non hai horarios para pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas suspende a taxa de terrazas e potenciará o turismo interior para reactivar a economía local
Por Redacción |