A biblioteca e os cemiterios de Bueu recuperan o luns a actividade
Por Redacción
A Fase I da desescalada chegará tamén a Bueu e o Concello ten previsto renovar a partir do 11 de maio o servizo na biblioteca municipal e tamén nos cemiterios de titularidade pública.
A Biblioteca Central estará aberta en horario de 9.00 a 14.00 horas só para a cesión e devolución de libros ou calquera outro material dispoñible para o préstamo no seu catálogo e sempre con cita previa.
Con todo, a aula de estudo seguirá pechada nesta primeira fase e as bibliotecas das parroquias terán atención telefónica soamente. O persoal encargado das mesmas, que realizará neste tempo labores internas de catalogación, atenderá á cidadanía por vía telefónica.
No caso dos cemiterios e despois das reiteradas peticións dos veciños, o alcalde, Félix Juncal, tomou a decisión de autorizar a apertura para partir do 11 de maio dos camposantos de Bueu, Cela e Beluso. Aínda así, desde o goberno local insisten na necesidade de respectar as medidas de distanciamento social e hixiene. Por este motivo, os aseos permanecerán pechados ata novo aviso.
Doutra banda, os operarios municipais retomaron esta semana os labores de limpeza e roza da tempada de primavera e verán nos espazos públicos do municipio.
Relacionadas:
-
As direccións de bibliotecas e museos dependentes da Xunta analizarán esta semana como reabrir as súas portas
Por Redacción |
-
O Concello de Bueu mantén o taller de memoria para maiores desde as súas casas
Por Redacción |
-
Bueu fará un estudo individual de todos os negocios para reorganizar a ocupación das terrazas
Por Redacción |