Augas de Galicia limpa o curso dos ríos que atravesan Caldas e Portas
Por Redacción
Augas de Galicia está a levar a cabo durante estes primeiros días da desescalada labores de conservación e limpeza nos tramos interurbanos dos ríos Umia, Bermaña, Chaín e Rego de Follente ao seu paso por Caldas e Portas.
Estas tarefas están a realizarse nun tramo duns 10 quilómetros de lonxitude nas parroquias de Santo André, Santa Mariña, Santa María de Fora, Santo Estevo, Santo Tomás e Santa María .
Os traballos forman parte das intervencións de Augas de Galicia nas áreas con risco de inundación e céntranse na retirada de árbores, ramas, madeira morta e elementos susceptibles de impedir o fluxo de auga. Tamén executan rozas selectivas de maleza.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das concas de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-Sur. A meta é a mellora dos leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
Relacionadas:
-
Caldas aproba inicialmente o plan de actuación municipal fronte o risco de inundacións
Por Redacción |
-
Adxudicadas en Caldas as obras de reposición do muro de contención de Segade
Por Redacción |
-
Caldas de Reis rozará ata xullo todas as estradas, pistas e camiños do municipio
Por Redacción |
-
'Caldas, Cultura Quente' ofrecerá un programa lúdico e cultural adaptado ás limitacións da pandemia
Por Redacción |
-
Eliminan un punto de vertido de augas residuais en Hervés, Cuntis
Por Redacción |
-
Emendan unha vertedura no polígono industrial de Tremoedo, en Vilanova
Por Redacción |