Picnic de tortillas e chourizos ante Sanidade
Por Redacción
Cunha pequena cociña portátil, un grupo de quince traballadoras da empresa Mediterránea de Catering dedicouse a fritir chourizos e a recortar as tortillas que xa traían preparadas sobre unha mesa que instalaron ante as portas da Delegación de Sanidade na Avenida de Vigo.
Con esta orixinal protesta intentan que dende a xerencia do Complexo Hospitalario ou dese o Sergas interveñan para obrigar a empresa a que lles aboe a paga extra de decembro e o 40% da de xullo deste ano. Segundo denunciaba o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, as 35 operarias que exercen o seu traballo nas cociñas dos hospitais pontevedreses estáselles a realizar unha "apropiación indebida do salario", xa que lles aplican a rebaixa que as administracións realizan aos empregados públicos.
O representante sindical sinalou que dous directivos da empresa se reuniron durante a semana pasada co xerente do CHOP, José Manuel González, e que despois quixeron reunirse coas traballadoras pero sen intención de negociar o aboamento desa cantidade de diñeiro. García Pedrosa denuncia que dende o Complexo Hospitalario coñecen o problema dende o mes de xaneiro e non intentaron resolvelo.