Marín lanza un plan de adestramento para o confinamento
Por Redacción
Co obxectivo de animar a todos os veciños a manterse activos, a Concellería de Deportes do Concello de Marín lanza un programa de actividade física saudable en casa co que evitar o sedentarismo a través dun movemento controlado, pautado e seguro.
O plan consiste na publicación na web do Concello e as súas redes sociais de vídeos nos que a educadora física deportiva Raquel Carragal, de Alaia Saúde, dirixirá unha serie de rutinas, “que recomendamos realizar entre dúas e tres veces por semana, durante polo menos 30 minutos”, puntualizan desde o goberno local.
Para adaptalo a todos os públicos, os usuarios poderán elixir entre dúas rutinas deseñadas para diferentes niveis de intensidade. No vídeo de presentación, a educadora deportiva asegura que é fundamental adestrar pensando “na calidade antes que na cantidade, escoitando ao noso corpo e sen sentir dor, porque ese non é o obxectivo”.
Cada día subirán unha rutina nova ata un total de once sesións. Todas poderán consultarse na canle de Youtube do Concello.
Relacionadas:
-
Unha marinense corre Pontevedra-Santiago dun tirón para apoiar a investigación en esclerose
Por María José Pita |
-
O persoal do Concello de Marín volverá á actividade por quendas e con medidas de seguridade
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Os deportistas de elite mostran a través das redes sociais os seus adestramentos na casa
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Os clubs de Marín súmanse á loita contra o coronavirus co 'hashtag' #MiEquipoSeQuedaEnCasa
Por Redacción |