Datos especifícos de contaxios en cada municipio, petición do alcalde de Cuntis á Xunta
Por Redacción
O Concello de Cuntis realizou un chamamento este xoves ás persoas residentes no municipio para reclamar civismo e o cumprimento estrito das normas decretadas neste inicio da desescalada lembrando que aínda se mantén a alerta sanitaria.
O goberno local alerta de que nos últimos días detectáronse condutas que mostran "certa relaxación" con motivo da flexibilización das medidas. Por este motivo, pide á cidadanía que aplique o sentido común e cumpra as pautas establecidas sempre que se abandonen as vivendas.
Cuntis conta con menos de 5.000 habitantes e nesta fase cero permítense as saídas para facer deporte e pasear unha vez ao día sen límite de tempo entre as 06.00 e as 23.00 horas.
Pero o alcalde Manuel Campos lembra que é necesario realizar os desprazamentos coa máxima responsabilidade e adoptando todas as medidas de precaución: distanciamento social, limpeza de mans e uso de máscaras. Campos aconsella o uso para os paseos de espazos peonís e de zonas verdes habilitadas.
O rexedor confirma que aínda hai casos da Covid-19 activos no municipio. Sinala que, a pesar das demandas veciñais, aínda non ten información concreta sobre o número exacto de positivos. Por esta motivo pide á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a que informe sobre o número de contaxios de maneira específica que se detectaron en cada municipio.
Manuel Campos considera fundamental contar con estes datos para ter unha visión fiable para adoptar os protocolos e mecanismos de axuda para a cidadanía. "Non entendemos os motivos polos que a Xunta non nos informa e non nos proporciona datos concretos", laméntase o alcalde.
Relacionadas:
-
Cuntis proporciona axudas municipais de emerxencia social a 40 familias
Por Redacción |
-
Aquí non hai horarios para pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez |
-
Cuntis usa unha rede propia de comunicacións para coordinar os servizos de emerxencias
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O incansable traballo de Protección Civil de Cuntis cada noite para protexer aos veciños ante o coronavirus
Por Redacción |