Os concellos e a Deputación queren ter poder de decisión nas fases da desescalada
Por Redacción
Instar a todas as administracións competentes para que as entidades locais teñan presenza e sexan tidas en conta no proceso de desescalada é a reivindicación principal que saíu do encontro mantido este mércores por representantes da Deputación de Pontevedra e dos sete Concellos máis poboados da provincia, sen contar as grandes cidades como Vigo ou Pontevedra.
Tras o encontro entre Carmela Silva e os alcaldes de Marín, Vilagarcía, Redondela, Ponteareas, Cangas, Lalín e A Estrada, a presidenta comprometeuse a trasladar as peticións ás administracións do Estado e da Xunta. Dispoñer dun marco de actuación con liñas claras acerca do que poden facer os concellos foi a principal demanda.
Na institución provincial traballan mentres tanto na modificación do Plan Concellos para transferir fondos da liña de investimentos ás de emprego ou outras urxencias relacionadas coa pandemia.
Unha maior aposta polo mundo rural, asesoramento técnico que axude a dar resposta a moitas demandas cidadás e do tecido socio económico dos municipios e a constitución dunha unha mesa para a reconstrución de Galicia unida a un Plan de Desinfección foron outras das ideas saídas desta reunión..
Tratáronse tamén outras reivindicacións dos gobernos municipais como a flexibilización das leis de contratación ou das Facendas Locais, o uso do superávit e os remanentes de tesourería, datos sanitarios clasificados por municipio e procedementos administrativos máis áxiles.
Silva aproveitou a xornada para falarlles aos alcaldes de dúas novas iniciativas provinciais relacionadas co apoio ao consumo de produtos de proximidade e a campaña orientada á dinamización do comercio local diferenciada por comarcas que comezará a próxima semana. A presidenta tamén puxo en valor a excelente resposta a todas as medidas implementadas cara aos sectores produtivos como a axilización de pagos para inxectar liquidez e as actuacións de Smartpeme con plans de continxencia destinados a persoas autónomas, emprendedoras e pemes.
Ademais, nos próximos días activarase un novo programa de asesoramento personalizado ás empresas, o fin de facilitarlles o proceso de acceso a axudas, ERTES e ferramentas activadas no estado.
Relacionadas:
-
A presidenta da Deputación reclama a Núñez Feijóo unha reunión para crear un plan de reconstrución de Galicia
Por Redacción |
-
O Partido Popular alerta de que o Concello de Poio "está en risco de fusionarse" con outro municipio
Por Redacción |
-
Deputación e CSIC impulsan un estudo sobre a biodiversidade e os produtos locais da provincia
Por Redacción |
-
Sanidade estuda se Pontevedra pasa á fase 1 da desescalada a partir do luns
Por Alejandro Espiño |
-
A Subdelegación e a Deputación distribúen máis de 140.000 máscaras na provincia
Por Redacción |
-
Carmela Silva critica a actitude "absolutamente irresponsable" de Feijóo por rexeitar a prórroga do estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación lanza unha campaña de posta en valor do produto de proximidade
Por Oskar Viéitez |