Príncipe Felipe celebra ser un centro libre da COVID-19
Por Redacción
As probas PCR realizadas nos últimos días aos traballadores e aos menores residentes en Príncipe Felipe veñen de confirmar que o centro está libre da COVID-19. Case dous meses despois do inicio da pandemia, non houbo ningún caso de contaxio nas instalacións.
De aí que a comisión de seguimento comezara a traballar para deseñar o escenario da próxima fase 1 da desescalada.
Os parámetros de prevención, seguridade, rigor e anticipación seguirán a aplicarse nos novos procedementos que se están deseñando para esta nova etapa, realizando especial fincapé en que os dereitos e benestar dos menores "son prioritarios".
Así o destacou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que avanzou que a comisión traballa especialmente na progresiva volta á actividade coa eventual reapertura do centro de educación especial, o colexio ou a escola infantil, que son centros nos que se prevé a recuperación de actividade limitada para facilitar a conciliación.
Ademais, aprobouse o subministro dos equipos necesarios, comezando pola adquisición dos equipos de medición de temperatura, así como a adecuación dos espazos necesarios de cara a esa próxima fase da desescalada ou á organización das visitas aos menores do centro que levan máis de 45 días sen contacto físico co seu entorno familiar.
"Queremos que se recupere en canto sexa posible pero con todas as garantías sanitarias", destacou Silva.
Para iso xa se está preparando un protocolo específico que guiará todos os pasos dende a toma de temperatura na entrada, hixiene de mans e estancia na sala de visitas, todo iso baixo o control de persoal específico.
Relacionadas:
-
Príncipe Felipe artella un plan específico para as visitas familiares
Por Oskar Viéitez |
-
O Centro Príncipe Felipe deseña un protocolo para permitir os paseos dos usuarios menores de 14 anos
Por Redacción |
-
Reforzan a plataforma para que os internos en Príncipe Felipe contacten coas súas familias
Por Redacción |
-
Reforzan as medidas de desinfección e protección e o persoal do Príncipe Felipe
Por Redacción |