VÍDEO.- Sanxenxo ordenará a praia de Silgar en 780 cuadrículas
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, presentou un plan para ordenar a praia de Silgar en 780 cuadrículas para "garantir a máxima seguridade sanitaria" e respectando as distancias que recomendan os expertos. Este plan tamén será aplicado nas praias urbanas de Panadeira e Caneliñas, pero non no resto de areais.
A solución proposta consiste en dividir a praia en cinco sectores que contasen con persoal para facilitar aos usuarios a súa localización. Cada sector terá unha cor diferente e estará formado por centos de cuadrículas de 9 metros cadrados, "que en función do número de persoas poderanse ampliar" mediante a agregación de ata catro cuadrículas máis, explicou o alcalde.
As cuadrículas estarán formadas por estacas de madeira cravadas na area e unidas por unhas cordas.
A nova ordenación da praia reserva dúas franxas lonxitudinais para albergar usos e servizos. Así, dispoñerase dunha franxa entre o mar e a primeira liña de cuadrículas que será unha zona de paseo e xogos para nenos. Terá un mínimo de 7 metros de ancho na pleamar, superando os 30 metros coa marea baixa.
Na zona traseira, entre a última liña de cuadrículas e o muro do paseo de Silgar, se reserva unha franxa de 8 metros para distintos servizos como baños, módulo de salvamento e zona recreativa.
A praia dispoñerá de catro accesos perpendiculares de 6 metros de ancho que irán desde o muro ata a primeira liña de praia. Cada dúas liñas de cuadrículas haberá corredores paralelos de 3 metros de ancho para facilitar a entrada e saída de bañistas. Cada cuadrícula separarase das contiguas por un espazo de 1,5 metros polo que en ningún caso poderase transitar.
A praia de Silgar terá 780 cuadrículas o que supón un aforo que pode oscilar entre as 1.560 e as 2.340 persoas, o que significa entre un 50 e un 75% do aforo respecto a veráns anteriores.
Relacionadas:
-
A praia de Silgar deixa de estar cuadriculada
Por Redacción |
-
Area de Agra estrea bandeira azul e Sanxenxo, un servizo de salvamento reforzado
Por Redacción |
-
O PSOE de Sanxenxo considera "agravio comparativo" destinar 60.000 euros á parcelación da praia de Silgar
Por Redacción |
-
Unha APP con ADN pontevedrés para regular o acceso ás praias
Por Alejandro Espiño |
-
Promoven unha plataforma para que o acceso ás praias sexa con cita previa este verán
Por Redacción |
-
As praias están pechadas para calquera actividade que non sexa pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez |
-
Silgar quedará sen kiosco este verán para deixar o espazo libre para bañistas
Por Redacción |
-
Temen unha "mercantilización" das praias coas medidas de Telmo Martín para Silgar
Por Redacción |
-
Haberá acomodadores para controlar o aforo de Silgar
Por Oskar Viéitez |
-
En Sanxenxo xa hai hoteis co cartel de "completo" para todo o mes de agosto
Por Oskar Viéitez |