Encaixa o coche contra un farol
Por Redacción
Tiña aparcado o seu coche nos pavillóns militares da rúa Xeneral Rubín e dispoñíase a conducir despois de toda unha noite de festa. Non chegou máis alá de 30 metros. Nada máis abandonar o recinto militar foi incapaz de xirar o volante do seu vehículo para tomar a curva e encaixouse de fronte contra o primeiro farol. Tivo sorte.
Segundo informaron este domingo axentes da Policía Local o condutor "non estaba en condicións nin de articular palabra".