O Salnés suspende toda as festas ata o próximo 30 de xuño
Por Oskar Viéitez
Os concellos da Mancomunidade do Salnés decidiron suspender ata o próximo 30 de xuño, todas as festas populares, así como eventos que teñan un carácter multitudinario.
A data do 30 de xuño está supeditada á evolución da pandemia nas próximas semanas, polo que podería ampliarse máis aló do mes de xullo.
Á reunión non asistiron o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal.
Segundo explicou a presidenta da mancomunidade, a alcaldesa de Meis Marta Giráldez, tomouse esta decisión para "adoptar unha estratexia común" mostrando así "unidade de acción".
A suspensión non afecta por agora á celebración da noite de San Xoán, que se decidirá nunha nova reunión.