A Deputación inxecta 1,7 millóns de euros ao Plan Concellos para variados proxectos municipais
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este luns a achega de novos fondos por valor de 1,7 millóns de euros a tres liñas do Plan Concellos 2020 que beneficiarán a catorce municipios da provincia, entre eles Marín e Cerdedo-Cotobade.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, declarou que este plan está a ser "unha ferramenta moi relevante que os concellos están a usar para facer fronte ás consecuencias do Covid-19". Para facer fronte á pandemia, o ente provincial xa modificara as bases do plan para permitir dedicar o diñeiro a asuntos relacionados coa crise sanitaria.
No apartado de investimentos, a Deputación aprobou unha inxección de 1,2 millóns que irán destinadas a proxectos municipais relacionados con obras de pavimentación, saneamento, mellora de infraestruturas e equipamentos públicos. Destinados a sufragar gastos relacionados coa recollida de residuos, políticas de sensibilización contra a violencia machista, pago de débedas ou reparacións en camiños, limpeza viaria e edificios públicos reservaron 263.000 euros.
E os 200.000 euros restantes do total da partida foron adxudicados ao concello da Estrada para contratar a unha vintena de traballadores.
Relacionadas:
-
Avanzan as obras na estrada provincial Peso-Caroi ao seu paso pola Lama e Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
Marín reforma a cuberta e a contorna do lavadoiro do río de Casás
Por Redacción |
-
Carmela Silva critica a actitude "absolutamente irresponsable" de Feijóo por rexeitar a prórroga do estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación lanza unha campaña de posta en valor do produto de proximidade
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación ofrece asesoramento para adaptar os espazos públicos ao necesario distanciamento entre persoas
Por Redacción |
-
A Deputación analiza o impacto da pandemia nos proxectos financiados con fondos europeos
Por Redacción |