A Federación Provincial de Hostalería habilita unha app gratuíta para informar e promocionar ao sector

Por Redacción
A Federación de Hostalería de Pontevedra ofrece aos seus asociados unha app gratuíta que quere servir de axuda para reactivar e promocionar estes establecementos. A aplicación 'Hostalería de Pontevedra' pódese descargar tanto en dispositivos con sistema operativo Apple como nos dispositivos con sistema Android.
Desde este 4 de maio, o sector da hostalería e restauración pode recibir pedidos por teléfono ou vía telemática se dispón da mesma, que se poden recoller no propio local, respectando sempre as normas de seguridade e hixiene. Pola súa banda os clientes que a descarguen, poderán localizar os establecementos que ofrezan os servizos permitidos ata a data e a medida que se vaian ampliando as posibilidades no sector, a aplicación tamén irá ofrecendo novos apartados de información e promoción.
Ademais desa promoción e información para profesionais e clientes, con esta iniciativa a Federación pretende incentivar o consumo neste sector que consideran é "unha das actividades económicas máis duramente castigadas pola pandemia".
Relacionadas:
-
Que poden facer a hostalería e a restauración na fase 0?
Por Almu Dapena |
-
As terrazas da hostalería poderán encherse ata a metade da súa capacidade
Por Alejandro Espiño |
-
O presidente de Aempe critica a "inseguridad jurídica" xerada polo Goberno e os "contrasentidos" da desescalada
Por Oskar Viéitez |