Sanxenxo reforza a seguridade sanitaria nas súas praias para a tempada estival
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo quere seguir mantendo durante o verán a limpeza e desinfección dos espazos públicos. Con esta máxima modifica o prego de condicións correspondente ao concurso público para a limpeza dos baños situados nas praias do municipio. Areais que volverían abrirse, de ter lugar as previsións do Goberno, o vindeiro 20 de xuño.
Con esa modificación establécese aumentar a frecuencia de higienización a cada hora e media, desde a apertura ata o peche; isto é de 11.00 a 20.00 horas, de luns a domingo. Afectará aos módulos de baño existentes nas praias de Areas, Panadeira, Silgar, Baltar, Caneliñas, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas, Pragueira, Major, Foxos, Areas Gordas-A Lapa, Espiñeiro-A Lanzada e Area de Agra, que se estreará este ano.
A licitación ten un prezo base de 70.575,44 euros, IVE incluído. No prego de condicións tamén se establece que cada módulo dispoñerá de xel hidroalcohólico xunto ao xabón e papel hixiénico. A subministración controlarase cada hora e media, coincidindo con cada limpeza e desinfección, de forma que non falte nunca. Ademais farase unha revisión periódica das instalacións e as reparacións necesarias, interiores ou de funcionamento; polas causas que sexan.
A limpeza incidirá especialmente en váteres, lavabos, billas, chan, paredes, portas, manillas e chaves da luz; e incluirá a recollida de lixo na contorna perimetral do módulo. Cada hora de limpeza quedará reflectida nunha ficha exposta á vista do público. Ademais a empresa adxudicataria entregará a Turismo de Sanxenxo unha comunicación semanal da súa xestión.
Relacionadas:
-
Sanxenxo repón e redistribúe os seus contedores ao longo da PO-308 e retíraos dos accesos ás praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo informará a través dunha APP turística sobre as medidas de seguridade sanitaria
Por Redacción |
-
Reparado o muro de contención na contorna da ermida da Lanzada
Por Redacción |
-
Esixen un plan sanitario de continxencia ante a "masiva" afluencia de visitantes a Sanxenxo
Por Redacción |
-
Os concellos da ría esperan a axuda da Xunta e a evolución do estado de alarma para preparar a tempada de praias
Por Manu Otero |
-
Temen unha "mercantilización" das praias coas medidas de Telmo Martín para Silgar
Por Redacción |
-
Sanxenxo inicia un novo 'zafarrancho' de limpeza e desinfección de todo o municipio
Por Redacción |
-
Sanxenxo, elixido para un plan piloto sobre destinos turísticos de confianza ante a COVID-19
Por Redacción |
-
O alcalde de Sanxenxo pide á Deputación un salvavidas para o sector turístico
Por Redacción |
-
Sanxenxo permitirá aos bares ampliar o espazo das súas terrazas
Por Redacción |