Que poden facer a hostalería e a restauración na fase 0?
Por Almu Dapena
A desescalada comezou e con ela o reinicio dos servizos relacionados coa hostalería e a restauración. Tal e como anunciou o Goberno e confirmou o Boletin Oficial do Estado (BOE) publicado este domingo, estes son os aspectos máis importantes que terá que ter en conta este sector para partir do luns 4 de maio:
As actividades poderán reiniciarse mediante servizos de entrega a domicilio e mediante a recollida de pedidos nos establecementos correspondentes, quedando prohibido o consumo no interior.
Nos servizos de entrega a domicilio poderá establecerse un sistema de repartición preferente para persoas maiores de 65 anos, persoas dependentes ou outros colectivos máis vulnerables á infección por COVID-19. Estas persoas, ademais, terán o seu horario de recollida, que coincide coa franxa de paseos, de 10:00 a 12:00 horas e de 19:00 a 20:00 horas.
O cliente deberá realizar o pedido por teléfono ou en liña e o establecemento fixará un horario de recollida procurando evitar aglomeracións nas inmediacións do establecemento. Así mesmo, o establecemento deberá contar cun espazo habilitado e sinalizado para a recollida dos pedidos onde se realizará o intercambio e pago. En calquera caso, deberá garantirse a debida separación física establecida neste capítulo ou, cando isto non sexa posible, coa instalación de mostradores ou biombos.
No caso de que os establecementos teñan punto de solicitude e recollida de pedidos para vehículos, o cliente poderá realizar os pedidos desde o seu vehículo no propio establecemento e proceder ao seu posterior recollida.
Os establecementos só poderán permanecer abertos ao público durante o horario de recollida de pedidos.
Medidas de prevención de riscos para o persoal
Non poderán incorporarse aqueles traballadores con síntomas compatibles co coronavirus.
Os encargados do establecmiento terá que garantir aos traballadores equipos de protección individual adecuados ao nivel de risco, compostos polo menos por máscaras e xeles hidroalcohólicos con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade e/ou xabóns para a limpeza de mans.
CLIENTES E AFORO
Terán que estar no local o tempo estritamente necesario para realizar a recollida do pedido e deberán manter a distancia de seguridade interpersoal de dous metros, que estará sinalizada con marcas no chan, ou mediante o uso de balizas, cartelería e sinalización.
A atención aos clientes non poderá realizarse de maneira simultánea a varios clientes polo mesmo traballador.
No caso de que non poida atenderse individualmente a máis dun cliente ao mesmo tempo nas condicións previstas no apartado anterior, o acceso ao establecemento realizarase de maneira individual, non permitíndose a permanencia no mesmo de máis dun cliente, salvo aqueles casos nos que se trate dun adulto acompañado por unha persoa con discapacidade, menor ou maior.
Relacionadas:
-
Pontevedra na fase 0. As imaxes do comezo da desescalada
Por Diego Torrado & Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
A Federación Provincial de Hostalería habilita unha app gratuíta para informar e promocionar ao sector
Por Redacción |
-
Trèves retoma a actividade para fornecer pezas a Volkswagen en Portugal
Por Oskar Viéitez |
-
Así foi o reparto de máscaras entre os usuarios de autobuses, trens e taxis
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Atención individual, desinfección dúas veces ao día e horario preferente para maiores de 65: así abrirán os locais este luns
Por Natalia Puga |
-
Sanidade recorda que se pode saír a pasear ou a correr fóra da casa pero "só unha vez ao día"
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno repartirá a partir do luns 289.500 máscaras para o seu uso no transporte público da provincia
Por Redacción |
-
As terrazas da hostalería poderán encherse ata a metade da súa capacidade
Por Alejandro Espiño |