Ata dez persoas poderán reunirse en casas particulares ou ao aire libre a partir do 11 de maio
Por Alejandro Espiño
A ausencia de contacto social, que tanto botamos de menos en tempos do coronavirus, ten os días contados. O Goberno aliviará as restricións ás reunións sociais, segundo confirmaron este sábado desde o Ministerio de Sanidade.
En concreto, permitiranse as reunións de grupos de ata dez persoas en casas particulares ou ao aire libre. Será en todas as provincias nas que, se se cumpren os requisitos sanitarios, entren o próximo 11 de maio na fase uno da desescalada.
Todos eles, iso si, deberán manter as distancias físicas de seguridade e de hixiene.
Ademais, non será necesario que todos os asistentes a esas reunións sociais convivan xuntos ou sexan dunha mesma familia, senón que poderán xuntarse grupos de amigos, veciños ou coñecidos.