Os pontevedreses saen a respirar: madrugóns e distancias de seguridade no primeiro día de deporte e paseos

© Diego Torrado
As rúas, parques e paseos de Pontevedra recobraron parte da vida que lles faltaba desde fai xa sete semanas. Por franxas de idade, separados en función da súa actividade e, como tónica xeral, respectando as distancias de seguridade, os pontevedreses botáronse á rúa de forma masiva para gozar do primeiro día autorizado para dar paseos e practicar deporte individual dentro do proceso de desescalada do confinamento polo coronavirus.
Puidéronse ver máscaras, luvas e pantallas protectoras e, sobre todo, moitas ganas de respirar aire fresco tras 48 días de confinamento. Notáronse esas ansias no horario desas saídas, pois o Goberno autoriza aos maiores de 14 anos a dar paseos e facer deporte de forma individual en horario de 6.00 a 10.00 pola mañá e de 20.00 a 23.00 horas pola tarde e centos de persoas aproveitaron xa a franxa de mañá con madrugóns para ser os primeiros en pisar a rúa.
Estas novas medidas de alivio encheron as rúas durante toda a mañá, aínda que cun ambiente diferente, en resposta ás franxas horarias establecidas para evitar as aglomeracións e garantir a contención de contaxio. Ademais, púidose ver a xente camiñando, correndo, en bicicleta ou mesmo realizando ximnasia ao aire libre e os recomendados estiramentos tras o exercicio.
O que resultou coincidente foi o lugar elixido para esas saídas, pois os pontevedreses optaron de forma maioritaria polos paseos e zonas axardinadas, sendo as beiras dos ríos Lérez e Gafos, a Illa das Esculturas e, en xeral, as zonas máis verdes da cidade, as máis utilizadas.
Cabe lembrar que se pode saír de casa unha vez ao día para facer deporte en solitario, mantendo sempre a distancia de seguridade, ou para pasear cunha persoa coa que se convive. O deporte non ten límite de distancia máis aló de non pasar as fronteiras do propio municipio, pero para os paseos estableceuse unha distancia máxima dun quilómetro do domicilio.
Por idades, as franxas horarias son as seguintes:
Maiores de 14: de 6.00 a 10.00 e de 20.00 a 23.00.
Persoas dependentes (acompañadas por un coidador) e maiores de 70: de 10.00 a 12.00 e de 19.00 a 20.00.
Menores de 14 (cun adulto, durante unha hora e a un quilómetro de casa): De 12.00 a 19.00.
Os pontevedreses dan paseos ao aire libre tras 48 días de confinamento
As rúas, parques e paseos de Pontevedra recobraron parte da vida que lles faltaba nos 48 días de confinamento. Por franxas de idade, separados en función da súa actividade e, como tónica xeral, respectando as distancias de seguridade. Así se botaron á rúa os pontevedreses
© Diego Torrado
Os pontevedreses fan deporte ao aire libre tras 48 días de confinamento
As rúas, parques e paseos de Pontevedra recobraron parte da vida que lles faltaba nos 48 días de confinamento. Por franxas de idade, separados en función da súa actividade e, como tónica xeral, respectando as distancias de seguridade. Así se botaron á rúa os pontevedreses
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Pontevedra en alarma: 98 días de peche
Por Oskar Viéitez |
-
Un estudo de Ciencias da Educación e do Deporte alerta do perigo da falta de actividade durante o confinamento
Por Redacción |
-
Os núcleos de menos de 5.000 habitantes tampouco terán restricións horarias
Por Alejandro Espiño |
-
Aquí non hai horarios para pasear ou facer deporte
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello destaca a "normalidade" na primeira fin de semana da desescalada
Por Oskar Viéitez |
-
Sanidade recorda que se pode saír a pasear ou a correr fóra da casa pero "só unha vez ao día"
Por Alejandro Espiño |
-
As máscaras serán obrigatorias no transporte público a partir do luns
Por Alejandro Espiño |
-
'Volvemos', o vídeo da plataforma #PonteLovers durante o confinamento para animar á recuperación da economía local
Por Redacción |
-
Establecen tres franxas horarias limitadas para pasear a partir deste sábado 2 de maio
Por Redacción |