Poio quere ampliar os espazos para terrazas de establecementos de hostalería
Por Redacción
Entre as medidas que está a estudar o Goberno municipal de Poio para axudar aos sectores máis afectados pola crise derivada do coronavirus, como é o caso da hostalería, figura a ampliación dos espazos para a instalación de terrazas.
Cómpre lembrar que unha das actividades que se poderá retomar unha vez se chegue á fase 1 do proceso de desescalada é reapertura das terrazas, aínda que só se poderá completar un 30% do seu aforo.
O Concello quere facilitar, deste xeito, que se poida ir reactivando, de xeito progresivo, a actividade económica local neste sector.
Deste xeito, estudarán esta ampliación, de xeito que se garantan as medidas en materia de seguridade e distanciamento que establece o Goberno central.
Trátase dunha medida provisional, que non implicará custe a maiores para os profesionais, e que terá vixencia mentres dure o estado de alarma e non culmine o proceso de desescalada.
Relacionadas:
-
Aprobada a ampliación do espazo para terrazas en Poio
Por Redacción |
-
Poio informa o sector hostaleiro da nova normativa temporal
Por Oskar Viéitez |
-
Poio solicita á Xunta que garanta a protección do persoal dos centros educativos
Por Redacción |
-
O Concello de Poio perfilará a ampliación das terrazas co sector hostaleiro
Por Oskar Viéitez |
-
Goberno e oposición deseñan medidas para superar a crise sanitaria en Poio
Por Redacción |