Balance diario do coronavirus: 208 casos activos na área sanitaria e 8 hospitalizados, 2 deles na UCI
Por Diego Espiño
A presión hospitalaria derivada da pandemia de Covid-19 segue descendendo na área sanitaria, a teor do que reflicten os datos oficiais ofrecidos este venres 1 de maio pola Consellería de Sanidade.
Segundo estas cifras os casos activos en Pontevedra e O Salnés descenderon ata os 208, é dicir, 6 menos que o xoves. Deles só 8 permanecen ingresados en hospitais da comarca, o que supón un descenso de 4 nas últimas 24 horas. Entre os hospitalizados 6 atópanse en planta nos centros de Montecelo, Hospital do Salnés (1) e QuirónSalud Miguel Domínguez (1), e 2 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) mentres que os 200 afectados restantes atópanse nos seus domicilios.
Desde o inicio da alerta sanitaria curáronse na área sanitaria 557 pacientes, 11 desde o xoves, e faleceron 15 persoas.
A nivel autonómico segundo a información actualizada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia, en base aos novos criterios, ascende a 3.357, con 800 na área da Coruña, 238 na de Lugo, 673 na de Ourense, 791 na área de Vigo, 489 na de Santiago, e 158 na de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 45 permanecen en UCI, 278 están en unidades de hospitalización e 3.034 no domicilio. Polo de agora, na comunidade hai un total de 5.816 persoas curadas, rexistrándose 555 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 98.830 e o número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais supoñen o 2,8% do total das persoas residentes. Hai 679 usuarios e 301 profesionais contaxiados e faleceron 128 persoas en residencias e 123 en hospitais e residencias integradas.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten ao dispor da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
***** O gráfico que acompaña esta información adaptouse ao novo protocolo de datos facilitados e nos pacientes curados engádense os que tamén son altas domiciliarias. O incremento de curados e descenso de activos débese a esta inclusión das altas domiciliarias.
Relacionadas:
-
A Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo, baleira de pacientes positivos por coronavirus
Por Diego Espiño |
-
Catorce curados nun día e só un paciente en UCI por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Falece en Montecelo un home de 67 anos diagnosticado de coronavirus, a vítima número 16 na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
As hospitalizacións por coronavirus baixan de golpe ata as 12 na área sanitaria, con só 2 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
Un total de 530 pacientes da área sanitaria xa se curaron de coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Tres novas altas e un paciente menos en UCI por coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |