Cuntis usa unha rede propia de comunicacións para coordinar os servizos de emerxencias
Por Redacción
A rede propia de de comunicacións do Concello de Cuntis estase a converter nun elemento fundamental para coordinar as accións dos servizos de emerxencias durante a presente crise sanitaria.
Cuntis mantén en activo dende hai moitos anos unha rede de transmisións inalámbricas e de radiofrecuencia que funciona mediante o repetidor situado na cima do Monte Xesteiras, a máis de 700 metros de altitude. Esta rede é capaz de dar cobertura a gran parte dos desprazamentos necesarios para os diferentes servizos, que se están a ver intensificados durante a presente crise sanitaria. O repetidor posibilita a utilización de sistemas inalámbricos de comunicación nunha área de enorme alcance, aínda que se atopen fóra do rango de cobertura de telefonía móbil.
Ademais, a rede do Concello de Cuntis posibilita tamén a comunicación a través do mesmo medio cos servizos de Protección Civil dos municipios veciños de Portas e Moraña. Deste xeito, asegúrase a coordinación preventiva e operativa dos recursos mobilizables en caso de emerxencia e favorécese a colaboración en beneficio de toda a cidadanía.
Como sinala o alcalde, Manuel Campos, "a rede propia de comunicacións do Concello de Cuntis está permitindo establecer unha comunicación rápida, directa e moi eficaz entre os membros do Servizo de Emerxencias e entre o propio corpo e o Concello".
"Isto fai que poidamos levar a cabo unha coordinación adecuada de cada actuación e mellorar a operatividade do servizo grazas ao contacto constante nunha época na que unha boa organización é fundamental pola enorme carga de traballo que acumula o corpo na loita contra o coronavirus", matiza o rexedor.
Para o alcalde de Cuntis, a tecnoloxía de comunicación propia está a ser unha grande aliada na loita contra o coronavirus, pero nada sería posible sen o esforzo e profesionalidade de todos os membros do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, para os que manifesta o seu agradecemento.
Relacionadas:
-
Cuntis fomenta o comercio dixital para atraer clientes ás tendas locais
Por María José Pita |
-
A atención ao público regresa ao Concello de Cuntis aínda que só para casos urxentes
Por Redacción |
-
Datos especifícos de contaxios en cada municipio, petición do alcalde de Cuntis á Xunta
Por Redacción |
-
Consenso entre os grupos políticos de Cuntis para impulsar un plan de reactivación económica
Por Redacción |
-
Cuntis proporciona axudas municipais de emerxencia social a 40 familias
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O incansable traballo de Protección Civil de Cuntis cada noite para protexer aos veciños ante o coronavirus
Por Redacción |
-
Deberes a domicilio para os maiores de Cuntis: "Creme se che digo que as fichas para cubrir me deron a vida"
Por María José Pita |
-
Cuntis reforzará os controis tras detectar "certa relaxación" e conductas "inadecuadas"
Por Redacción |