A Garda Civil detén no centro urbano de Bueu a un veciño con 45 dose de heroína
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil investiga penalmente, por un delito de tráfico de drogas, a un veciño de Bueu que foi sorprendido na vía pública cando levaba 45 dose de heroína, superando os límites establecidos para o autoconsumo.
Segundo informaron fontes oficiais do Instituto Armado, os feitos sucederon o pasado luns, día 27, cando os efectivos dunha patrulla do Posto da Garda Civil de Marín, que prestaba servizo de seguridade cidadá en Bueu, decátanse dos movementos estraños e mostras de nerviosismo dunha persoa que estaba nas inmediacións dunha entidade bancaria, ao darse conta da presenza da patrulla.
Ao proceder á súa identificación e rexistro superficial das súas pertenzas intervéuselle unha bolsa de plástico e 140 euros en efectivo que gardaba nun dos petos do pantalón. No interior da bolsa levaba 45 dose de heroína.
Resultou ser un veciño da mesma localidade de Bueu, de 52 anos, ao que se lle notificou a súa condición de investigado como presunto autor dun delito contra a saúde pública por tráfico de drogas. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Marín, onde deberá comparecer cando sexa requirido.
Relacionadas:
-
Sorprenden un mozo na AP-9 con máis de 2.000 doses de cocaína no seu coche
Por Redacción |
-
Cazan once condutores ebrios e nove drogados durante a ponte do 1 de maio
Por Redacción |
-
Incumpre o confinamento e estrela o seu coche contra un contedor triplicando a taxa de alcoholemia permitida
Por Redacción |
-
Dan por desmantelada a organización de narcotransportistas máis importante de Galicia
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Ascenden a 12 os detidos na provincia durante a operación antidroga desenvolvida en varias localidades da Ría de Arousa
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Detencións no Grove e Vilanova no marco dunha operación antidroga na Ría de Arousa
Por Diego Espiño |