Ponte Caldelas instala fontes desinfectantes nos polos comerciais da vila

Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas instalará sete fontes desinfectantes nas zonas máis transitadas da vila. Co obxectivo de dar pioridad a hixiene de mans de todas as persoas que realicen compras no municipio, instalará dispensadores en puntos estratéxicos como as contornas do Supermercado Froiz, Día, Praza de Abastos, na Praza de España, Praza do Bispo, Paseo da Calzada e fronte ao Pipeiro.
Os traballadores municipais instalaron este mércores os primeiros surtidores nas proximidades dos supermercados e a Farmacia. A intención do goberno local é que as persoas desinfecten as súas mans antes e despois de entrar nos establecementos para previr posibles contagios.
Desde o Concello destacan que a idea de instalar este tipo de fontes partiu dos operarios municipais, que se encargaron de deseñalas e instalalas "en tempo récord".
Contan cun dispensador e para activalo só é necesario pisar un pedal evitando así o contacto manual. O depósito de xel é de cinco litros.
Relacionadas:
-
Instalan arcos para desinfectar os vehículos antes de entrar no centro de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Completan a instalación en Ponte Caldelas das 'fontes desinfectantes' de xel hidroalcólico
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas transferiu o 72% das axudas directas a pemes e autónomos locais
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reparte un 'kit de protección' aos comercios que empezan a abrir
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recibe unha doazón de dez ordenadores para entregar a escolares do municipio
Por Redacción |
-
Andrés Díaz defende a "boa xestión económica" do Concello de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Piden tablets e ordenadores de segunda man en Ponte Caldelas para dotar a escolares de material para as clases online
Por Redacción |
-
Preparan o Paseo da Calzada para os menores: sen tráfico e con dispensadores de xel
Por Redacción |