Pontevedra, invitada a un encontro pola reconstrución das cidades organizado por Al Gore
Por Redacción
Agora ou nunca: cidades sostibles. É o título baixo o que a fundación Climate Reality Project, impulsada por Al Gore, vicepresidente dos Estados Unidos durante a etapa de Bill Clinton, organizará un encontro sobre modelos urbanos no que participará Pontevedra.
A fundación de Al Gore, premio Nobel da Paz polo seu traballo ante a crise climática, albergará este evento que, a través de videoconferencia, analizará solucións para as cidades agora que a crise do coronavirus vai a obrigar a moitas elas a mudar a súa configuración.
Pontevedra foi convidada polo equipo en España de Climate Reality Project Europe, xunto co alcalde de Vitoria, Gorka Urtaran, e a arquitecta e profesora de Harvard, Belinda Tato. A súa conferencia, aberta ao público, estará moderada pola líder climática Susana Bayo.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicou que a pandemia da COVID-19 "puxo na actualidade a necesidade crear cidades sostibles e cidades para as persoas" e está a xerar un "gran debate social" sobre como deben ser as cidades.
A este respecto, Fernández Lores lembra que Pontevedra "ten moito avanzado" nos últimos vinte anos "e agora nos damos conta de que o espazo público é insuficiente para cumprir as medidas de seguridade para saír á rúa".
Así, o alcalde avanzou que Pontevedra aportará a este debate a súa experiencia, baseada en recuperar o espazo público e mellorar a calidade de vida "de tal xeito que a expansión dunha epidemia destas características sexa moito menor".
Dende a ONG tratarán en futuras sesións outros temas como o apoio ás enerxías renovables, o impulso á mobilidade non contaminante, protexer e rexenerar a biodiversidade, agricultura sostible e soberanía alimentaria, augas limpas, economía circular, turismo circular ou traballo e industria máis sostibles.
Relacionadas:
-
Pontevedra gaña o premio de Seguridade Viaria Urbana da Comisión Europea
Por Alejandro Espiño |
-
Os nenos explican ao alcalde e ao pedagogo Francesco Tonucci as súas experiencias durante o confinamento
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Facer a cidade sostible para afrontar a crise climática e a do covid
Por Oskar Viéitez |
-
Tonucci apela ao "xogo libre" como método para que os nenos superen a corentena
Por Redacción |
-
O ex ministro Joan Clos buscará fórmulas para atraer novos talentos que se asenten en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Financial Times fíxase en Pontevedra como exemplo de cómo crear cidades saudables
Por Alejandro Espiño |