Marín eleva xa a 6.000 as unidades de máscaras repartidas entre as farmacias do municipio
Por Redacción
O Concello de Marín supera xa as 6.000 unidades de máscaras distribuídas entre as farmacias do municipio. Material de protección que foi confeccionado por veciños voluntarios para este fin. Esta cantidade irá aumentando progresivamente a medida que o Concello siga recibíndoas e seguidamente proceda á súa desinfección para a distribución con todas as garantías sanitarias e de hixiene.
Lémbrase que na entrega destas máscaras teñen prioridade aquelas persoas consideras como grupos de risco. Por outra banda, a Administración Local segue agradecendo a colaboración de Protección Civil, cuxos integrantes fan chegar ao voluntariado que confecciona as máscaras o material que facilita o Concello, e tamén aos segundos.
Doutra parte lémbrase á cidadanía que é necesario seguir con todas as medidas de prevención de contagios, máxime ante os novos permisos de saídas que se deron e que se producirán nos próximos días. Medidas que lembran: lavar as mans con frecuencia, uso de máscaras, luvas ou pantallas protectoras; e manter a distancia entre persoas ao saír á rúa.
Relacionadas:
-
A desinfección de espazos públicos chega aos núcleos rurais de Marín
Por Redacción |
-
Marín suprime o pago de impostos a comercios e locais de hostalería durante o estado de alarma
Por Redacción |
-
Armadores do Gran Sol entregarán 400 quilos de peixe semanais ao Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
A música tamén pode aprenderse online e a Escola de Marín está a demostralo
Por Redacción |
-
Marín empeza a trazar as medidas a tomar de cara á desescalada
Por Redacción |