O Concello de Poio vixía que os maiores tamén traballen a memoria durante o confinamento
Por Redacción
A Concellería de Benestar do Concello de Poio comezou esta semana coa repartición do material do taller de memoria entre os 120 usuarios do programa 'Saudemente', cuxa media de idade rolda os oitenta anos. Nestes dous días xa se repartiu case á a totalidade dos usuarios. Repartición do que se están encargando voluntarios de Protección Civil e cuxo traballo agradece a concelleira desta área, Rosa Fernández.
Desde Benestar vai realizar un seguimento da iniciativa, e de acordo aos resultados seguirase enviando novo material. Os sobres dos que se fai entrega levan sopas de letras, textos de lectura comprensiva e tamén pautas para facer exercicio físico.
Desde o inicio do confinamento, o Concello mantén contacto telefónico permanente cos usuarios todas as semanas, con especial atención a aquelas persoas que viven soas. Así se puido constatar o interese en dar continuidade a esta actividade desde os seus domicilios; como Luisa María unha veciña de 97 anos que pediu facer estas tarefas desde a súa casa.
Relacionadas:
-
Máis de 1.200 horas de voluntariado para axudar a que a crise sanitaria sexa máis levadía en Poio
Por Redacción |
-
A poboación infantil de Poio recibe estes días os seus diplomas de cidadáns exemplares
Por Redacción |
-
Deportistas e clubs locais súmanse ao 'Poio Móvese na Casa' compartindo vídeos de adestramentos
Por Redacción |
-
Vinte e catro familias sen recursos do municipio de Poio están a recibir material escolar
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Poio repartiu 8.000 euros para axudar ás familias máis necesitadas
Por Redacción |