Poio non renuncia a quedar sen a súa Festa dos Maios e leva a celebración ás redes sociais
Por Redacción
O Concello de Poio non se resigna a perder unha das súas celebracións máis emblemáticas no calendario festivo. Por iso traslada ás redes sociais a Festa do Maios do vindeiro venres día 1. Para iso a Concellería de Cultura previu unha serie de iniciativas, contando coa colaboración de diversos colectivos do municipio e facendo unha chamada á participación aos seus habituais protagonistas, os máis pequenos; e nesta ocasión tamén aos adultos.
Así, a través do perfil oficial en Facebook, Poio Cultura, publica todo o material que se pode utilizar para esta data. Os nenos a través de debuxos explican a importancia dos maios, as súas orixes ou o arraigamento que teñen en Poio.
Xa hai maios colectivos para este 2020: ACDM Armadiña (Maio Armadiña/Maio Rockeiriño), Maio Fontenla / Maio Laretas, Maio Maiolo / Peque Maio, EI Saíñas (Maio Saíñas), V. Vilariño (Maio Vilariño), Asociación Cultural Ronsel (Maio Pimpín), Asociación de Veciños Boureante (Maio Boureante), e Asociación Cultural Marepodium (Maio Marepodium).
ÉXITO DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
Se a resposta para a Festa dos Maios é similar á iniciativa convocada para a celebración do Día do Libro, será outro éxito, xa que as fotografías subidas ao perfil de Facebook Poio Cultura coa etiqueta #fotolibro2020 tiveron un alcance de 15.000 usuarios. As imaxes gañadoras, as que conseguiron máis likes corresponden a: Alba María Arís Rey, Paula Expósito e Mercedes Carballal; todas recibirán un lote de libros.
Relacionadas:
-
Poio informa aos colectivos locais da programación alternativa aos Maios
Por Redacción |
-
Poio Cultura ofrece xa diversas propostas virtuais para participar no Día das Letras
Por Redacción |
-
A poboación infantil de Poio recibe estes días os seus diplomas de cidadáns exemplares
Por Redacción |
-
Debuxar o que ves desde a xanela prémiase cunha experiencia familiar pola provincia
Por Redacción |
-
Vilagarcía queda sen os Maios, o Ágora Vermú, as celebracións de Santa Rita e as Letras Galegas
Por Oskar Viéitez |
-
A 67 edición do concurso de maios e embarcacións de Marín realizarase de maneira online
Por Redacción |
-
Poio aposta pola celebración da Festa dos maios en clave interactiva e dixital
Por Redacción |