Detencións no Grove e Vilanova no marco dunha operación antidroga na Ría de Arousa
Por Diego Espiño
Varias localidades da Ría de Arousa están a ser escenario este domingo 26 de abril dunha importante operación antidroga.
Nesta operación, que continúa aberta, participan axentes da Policía Nacional e do Servizo de Vixilancia Aduaneira.
Segundo fontes da investigación o despregamento das forzas da orde supuxo un operativo marítimo sobre unha embarcación e tamén rexistros e detencións en terra.
Entre as localidades nas que se levaron a cabo detencións atópanse O Grove e Vilanova de Arousa.
Ao seguir adiante coas pescudas, non se descarta que se produzan máis detencións antes de dar por resolta a operación e facer balance da droga e obxectos intervidos.
Trátase da segunda gran operación antidroga que se desenvolve nas Rías Baixas desde o inicio do estado de alarma pola crise sanitaria. Na anterior foron detidas sete persoas por tentar introducir por Arousa un alixo de 3.700 quilos de cocaína.
Relacionadas:
-
A Garda Civil detén no centro urbano de Bueu a un veciño con 45 dose de heroína
Por Oskar Viéitez |
-
Dan por desmantelada a organización de narcotransportistas máis importante de Galicia
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Ascenden a 12 os detidos na provincia durante a operación antidroga desenvolvida en varias localidades da Ría de Arousa
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Ingresan en prisión os catro detidos polo alixo de cocaína en Arousa
Por Oskar Viéitez |
-
Prisión para os dous primeiros detidos polo alixo de 3.700 quilos de cocaína interceptado en Arousa
Por Redacción |