VÍDEO.- Barro celebra a I Festa do Churrasco Interbalcóns
Por Diego Torrado
Os veciños de Barro que residen na zona da Rúa das Baladas celebraron este domingo a I Festa do Churrasco Interbalcóns.
Era unha festa que viña cantada despois do éxito acadado cos vermús de terraza e as sesións musicais de Johny Güimil.
Un dos organizadores, José Sanmartín cre que esta idea pode coller forza no futuro e servir nunha vindeira edición para promocionar a hostalería local.
O encargo da comida fíxose a Sergio Orge, un hostaleiro da zona que deu conta no seu asador das 70 racións encargadas pola veciñanza. O servizo a domicilio levou o churrasco a esta rúa e logo se fixo o reparto porta a porta.
A festa foi completa, houbo alboradas ás 11.00 a cargo de Chispa Negra, un pregón a mediodía cargo do propio Güimil, e logo sesión vermú.
Relacionadas:
-
Recollida solidaria de alimentos en Barro
Por Redacción |
-
Veciños da rúa Baladas de Barro convidan a celebrar un Samaín alternativo
Por Redacción |
-
VÍDEO.- E ao final, Radio Gominola, tivo un agradecemento veciñal
Por Marisa Ciordia |
-
Barro axuda a familias necesitadas con vales de compra para alimentos, produtos de hixiene e farmacéuticos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A comunidade educativa do colexio Xunqueira 1 está "máis unida que nunca"
Por Oskar Viéitez |