Mulleres en Igualdade de Poio e a Garda Civil, premian aos nenos cun diploma polo seu bo comportamento
Por Redacción
Mulleres en Igualdade de Poio, xunto coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, queren premiar a todos os nenos e nenas que foron partícipes e axudaron a superar o primeiro estado de alarma ocasionado polo COVID-19.
"Sabemos que sen a súa axuda isto non sería posible. Quedáronse na casa, axudaron aos seus maiores da mellor maneira posible, foron moi pacientes, fixeron as tarefas aínda sendo circunstancias non habituais e unha chea de cousas máis que merecen ser recoñecidos", sinalan desde Mulleres en Igualdade.
Por iso, quixeron plasmar esta etapa e premialos cun recordo que recoñeza a súa colaboración. Para iso, hai unha semana lanzaron unha campaña de envío de diplomas para os nenos e nenas que colaboraron nas súas casas.
Desde a Asociación, senten "gratificadas ao recibir tantas demandas e mostras de agradecemento por parte dos pequenos e as súas familias".
Xa realizaron máis de 200 envíos e durante os próximos días seguirán reenviando a aqueles que aínda non o teñen. Para solicitalo, hai que enviar un correo electrónico a mullerespolaigualdadepoio@gmail.com, poner o nome e apelidos do campión ou campioa de entre 2 e 12 anos.
Relacionadas:
-
Pontevedra volve ser a cidade dos nenos
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Campo Lameiro recoñece o "bo comportamento" de 150 menores de 14 anos cun diploma
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio velará pola seguridade durante as saídas dos menores á rúa
Por Redacción |
-
Os nenos de Marín ademais de dar un paseo poderán recibir un diploma o vindeiro domingo
Por Redacción |
-
Os nenos de Moraña reciben o diploma da cuarentena
Por Redacción |