Destape da Casa Consistorial para as festas
Por Oskar Viéitez
A Casa Consistorial lucirá a súa mellor cara na semana grande das festas da Peregrina. O grupo de goberno recibiu este venres a noticia de que o próximo mércores se retirará a estada que tapa o vello edificio deseñado polo arquitecto Alejandro Rodríguez Sesmero.
O emblemático inmoble está en obras. Entre os moitos sonos e plans que truncou a crise tamén encontrábase o proxecto global de restauración integral do edificio que superaba os 2,5 millóns de euros. Por el contrario estánse a facer restauracións parciais, o que supón que o custe da rehabilitación sexa dun 25% das previsións iniciais, segundo explicou o voceiro muncipal, Raimundo González, devolvéndolle o edificio a súa solemnidade.
A primeira fase da restauración son obras, basicamente, de carácter estructural.
A mellora da cuberta do edificio está no seu tramo final, dado que están instaladas as distintas capas de impermeabilización e está pendente da instalación da cuberta de zinc, que recuperará a imaxe primixenia da Casa Consistorial.
Cabe subliñar que Sesmero deseñou este edificio coma un palacete parisino estilo Segundo Imperio. Un plaxio do Hotel Privé de la Rue de Valois du Roule, coma revelou o historiador coruñés Sánchez García.
Na Casa Consistorial tamén están realizados os traballos de desinfectación (a estrutura de madeira do teito estaba atacada por xilófagos coma a carcoma e a termita). Fíxose un tratamento en toda a estrutura do baixo cuberta, o que obrigou a tirar os falsos teitos da primeira planta (da sala de plenos, por exemplo) para poder traballar pola parte baixa do chan.
Outro dos traballos era a mellora exterior do edificio retirando os panos brancos actuais para recuperar o morteiro de cal tradicional que serán pintados de branco, ainda que non faltou quen propuxo outras cores. Estas obras están moi avanzadas.
Ao tempo que se fan estes traballos na fachada, tamén se están a retirar todos os elementos que afean o edificio: cabo, canaletas A última parte da obra será o cambio de toda a carpintería exterior, así como a restauración das dúas portas principais da Casa Consistorial.
Raimundo González explicou que a medida que se vai facendo a obra aparecen aspectos descoñecidos e, incluso, boas noticias, como a apertura de dúas fiestras atopadas no Salón de plenos. Son ventanas que estaban perfectamente situadas no exterior, pero que se descoñecía se existían no interior. Ao picar a parede apareceron as ventás tapiadas, así que os técnicos acordaron deixalas no seu estado orixinario ampliando a luminosidade do Salón de plenos.
O portavoz do Goberno tamén comentou a seguinte fase de reforma do edificio. Unha vez concluídas as obras desta primeira fase, o Concello comezará a traballar no proxecto de recuperación da primeira planta da Casa Consistorial (onde se atopaba a Alcaldía e o Salón de plenos, ademais doutras dependencias).
Estimou que, a priori, esta segunda fase podería supoñer un investimento duns 500.000 euros xa que é preciso a instalación dun ascensor para facer accesible o edificio, así como a renovación de todos os servizos (sistema eléctrico, de calefacción) e a propia restauración interior da Casa Consistorial, que terá un tratamento singular dado que, en principio, está pensado para a representación institucional coa recuperación do antigo Salón de plenos en toda a súa lonxitude ou a creación de espazos para os grupos políticos.
De todos os xeitos, a medida que vai avanzando a obra e en función das necesidades do Concello, o Goberno local estimará os usos finais desta primeira planta.