VÍDEO.- Emotivo minuto de silencio polo persoal sanitario falecido polo coronavirus
Por Redacción
Antes dos aplausos das oito, tamén houbo silencio. Profesionais sanitarios de toda Galicia, entre eles os do servizo de Urxencias de Montecelo, gardaron este venres un minuto de silencio por todos os seus compañeiros falecidos polo coronavirus.
Este sinxelo e emotiva homenaxe, que foi seguido polos tradicionais aplausos que se repiten todos os días desde o inicio do confinamento, fíxose extensible ao persoal da sanidade que segue en primeira liña fronte ao virus e ás súas familias.
A iniciativa foi convocada pola Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias (SEMES), que denunciou nun comunicado a "intolerable" taxa de infectados por coronavirus entre os profesionais sanitarios.
Só en Galicia, segundo recoñeceu o Sergas, hai 1.233 traballadores da sanidade contaxiados pola COVID-19.