O Banco de Alimentos recibe tres toneladas de alimentos da Coordinadora de Peñas Taurinas
Por Marisa Ciordia
O Banco de Alimentos de Pontevedra recibía nas últimas horas ata tres toneladas de alimentos procedentes da doazón realizada pola Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra.
"Estamos agradecidos porque de verdade, necesitámolo, estamos a baleirar as reservas porque a demanda aumentou un 10% sobre o que é habitual, e o peor é que vai á seguir subindo a necesidade de alimentos" sinala José Luis Doval, delegado responsable do Banco de Alimentos de Pontevedra.
A entidade benéfica adoita asesorar aos particulares ou colectivos que fan entrega destes produtos de primeira necesidade para que saiban cales son os alimentos que se requiren en maior número. Neste caso recibiron varios palés con leite, azucre, aceite, cacao, conservas de peixe, legumes,... entre outros produtos.
"Sempre me sentín orgulloso de Pontevedra e de ser de Pontevedra porque a xente sempre respondeu e responde cando se lle necesita", engade o delegado do Banco de Alimentos, apuntando ademais que tamén están contentos coa resposta que está a ter a Operación Quilo online que teñen aberta nestes momentos.
Pola súa banda, desde a Coordinadora de Peñas Taurinas, tamén agradecen a resposta recibida á chamada que fixeron entre os seus integrantes hai menos de quince días, "no momento en que expomos que había que botar un capote e destinar o diñeiro que había na conta para o Banco de Alimentos a resposta foi unánime", lembra o seu presidente, Juan Riveiro.
A achega non só quedou nesa cantidade que tiña a coordinadora, senón que desde o pasado estiveron sumando achegas económicas de peñas, como grupos e a título particular, para "reforzar o capote que solicitaramos". Tres mil quilos de alimentos foi o resultado.
Relacionadas:
-
RADIO.- A 'normalidade' e os 'brotes verdes' fanse oco no faladoiro taurino das 'Conversas na Ferrería'
Por Marisa Ciordia |
-
Situación "precaria" no Banco de Alimentos: andeis baleiros, cada vez máis demanda e sen operación Quilo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería chequean o sector taurino nesta situación pandémica
Por Marisa Ciordia |
-
O Rotary Club de Pontevedra entrega as súas doazóns ao Banco de Alimentos e ao programa 'Porta a porta'
Por Redacción |
-
Preocupación entre as entidades sociais de Pontevedra polo aumento da demanda de alimentos
Por Oskar Viéitez |
-
O deporte pontevedrés súmase á Operación Quilo online do Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
O Arosa colabora na loita contra o coronavirus coa doazón de material sanitario
Por Redacción |
-
Medio milleiro de pontevedreses reciben alimentos na porta das súas casas
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos activa a súa primeira Operación Quilo online co apoio de rostros famosos
Por Redacción |
-
"De momento, decisión ningunha, nós a esperar" di a empresa sobre a suspensión da feira taurina
Por Marisa Ciordia |