Poio reforzará o servizo de limpeza para garantir a seguridade durante os paseos dos nenos
Por Redacción
O Concello de Poio mantense firme nos traballos de contención da expansión da pademia do coronavirus a través dunha minusiosa campaña de limpeza que segue activa desde que se decretou o estado de alarma.
As actuacións nas cinco parroquias realízanse de forma regular e nos próximos días o goberno local terá a capacidade de aumentar o número de brigadas e as quendas de limpeza.
Esta incremento na periodicidade vén motivado pola decisión do Goberno central de permitir a saída controlada dos menores de 14 anos das súas vivendas. Por iso, os operarios das brigadas continuarán facendo especial fincapé na desinfección de rúas, mobiliario urbano e núcleos poboacionais.
O equipo de limpeza da vía pública fórmano catro cuadrillas da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo (Valoriza), unha brigada de voluntarios de Protección Civil, persoal do propio Concello e mesmo veciños que de modo altruísta achegan a súa colaboración con tractores para fumigar.
Informan desde o goberno local que "estes traballos continuarán levándose a cabo de xeito periódico todo o tempo que sexa preciso para garantir a seguridade da nosa veciñanza”, conclúen.