49 traballadores e 19 máquinas para limpar o rastro das peñas
Por Oskar Viéitez
A Concellaría de Servizos, que xestiona Carme da Silva, pon en marcha esta fin de semana un servizo especial de limpeza en toda a zona monumental con motivo da festa que as peñas organizan nesta zona da cidade coincidindo coas touradas. A empresa Cespa, concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza da cidade, creou un plan no que participarán 49 traballadores e 19 máquinas de diversa índole para manter en perfectas condicións de limpeza e hixiene o centro histórico da cidade.
A empresa Cespa destinará para este servizo extraordinario, cada un dos días de celebración de peñas, ata 49 operarios (1 xefe de servizo, 2 encargados, 1 xefe de taller e 45 operarios) que se dividirán a zona monumental en tres sectores: Campiño de Santa María, praza do Teucro e praza da Ferraría cubrindo así todo o centro histórico.
A distribución do servizo será a seguinte: 22 operarios a pé 3 furgóns/sopladoras, 7 varredoiras, 3 lavabeirarrúas, 3 camións de recollida de lixo (con dous operarios cada un) e 3 cisternas.
Cabe lembrar que este operativo especial compleméntase co habitual servizo de limpeza e recollida no resto da cidade durante o resto do día, o que deixa patente o esforzo extra que ten que facer a Concellaría. Por iso solicita a colaboración e a comprensión de todos os cidadáns, e a concienciación dos que participan nesta singular celebración.