Quince novos mestres composteiros incorporaranse o 15 de maio ao traballo en catorce concellos

Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este venres o pago das subvencións a catorce concellos da provincia acollidos ao Plan Revitaliza de xestión de residuos orgánicos para a contratación de quince mestres composteiros.
O orzamento total desta liña de axudas ascende a 300.000 euros e cobre o 100 % do salario dos novos traballadores para os oito meses que restan do 2020.
A incorporación dos catorce mestres está prevista para o 15 de maio, aínda que desde a Deputación admiten que poden producirse atrasos motivados polo estado de alarma ou pola decisión dos propios gobernos locais. En calquera caso, a Deputación decidiu retomar o proceso selectivo que quedara paralizado co decreto do estado de alarma porque o servizo de tratamento de residuos está considerado esencial.
Nestes momentos atópanse activos todos os centros de compostaxe da provincia e os técnicos constataron un aumento significativo das achegas de residuos orgánicos a estes depósitos.
Os concellos que pasarán a contar con novos mestres composteiros despois deste proceso de selección son Vilaboa, Bueu, Cangas e a Mancomunidade do Morrazo, Illa de Arousa, O Grove, Valga, A Guarda, Tui, Mondariz, As Neves, Gondomar, Poio e Ponte Caldelas.
As subvencións para a contratación de persoal técnico aos concellos se extendrá durante os dous próximos anos, aínda que a contía caerá ao 50% no 2021 e ao 30% no 2022.
Relacionadas:
-
A Deputación instala os primeiros centros de compostaxe do Plan Revitaliza en Marín
Por Redacción |
-
Cinco novos mestres composteiros incorpóranse a concellos das comarcas de Pontevedra e O Salnés
Por Redacción |
-
O Grove lanza unha oferta de emprego para contratar dezanove traballadores
Por Redacción |
-
O Concello instalará catro novos centros de compostaxe na Parda e Valdecorvos
Por Redacción |
-
VÍDEO.- No Día da Terra felicitan á cidadanía pontevedresa "polo ben que estades compostando"
Por Oskar Viéitez |
-
O estado de alarma duplica o tratamento de biorresiduos nos composteiros comunitarios de Pontevedra e O Morrazo
Por Redacción |
-
A Deputación lanza un servizo de asistencia telefónica semanal para controlar os composteiros individuais
Por Redacción |
-
A Deputación garante a "xestión segura" dos centros comunitarios de compostaxe
Por Redacción |
-
Mantense o normal funcionamento dos composteiros comunitarios
Por Oskar Viéitez |