Sanxenxo amplía aos usuarios do centro de día o servizo de axuda no fogar
Por Redacción
O servizo de axuda no fogar do Concello de Sanxenxo ten a 47 familias beneficiarias ás que lle dedican un total de 1.680 horas mensuais. Con todo, 29 fogares solicitaron a suspensión do servizo cando se decretou a corentena como medida de prevención fronte ao coronavirus.
Co obxectivo de fomentar a atención durante a época de confinamento, o goberno local habilitou un programa de emerxencia que permitiu ampliar en 286 mensuais a atención. A esta iniciativa extraordinaria acolléronse 14 familias, mentres que os 33 restantes mantéñense no programa ordinario.
Con todo, a Xunta autorizou unha ampliación do servizo de 1.740 horas mentres o estado de alarma estea vixente. Para aproveitar este reforzo conceden a posibilidade aos usuarios do centro de día, que permanece pechado desde días antes do inicio da alarma sanitaria, de acollerse a esta atención domiciliaria. Polo momento, xa o fixeron 10 dos 77 usuarios deste centro.
No referente ao servizo de atención psicolóxica que presta o departamento de Servizos Sociais, a psicóloga leva realizadas 84 chamadas desde o 16 de marzo. Na segunda quincena do mes de marzo realizou 51 delas, mentres que o resto producíronse en abril.
ratar problemas de ansiedade ou depresión adoita ser o motivo máis habitual das consultas.