A biofábrica de Ence en Pontevedra investiu 10 millóns de euros en 2019 para mellorar a súa excelencia ambiental
Ao longo do 2019 a biofábrica de Ence en Lourizán someteuse, un ano máis, a un amplo programa de melloras para incorporar novas tecnoloxías nas súas instalacións, destinando 10 millóns de euros a reforzar a súa excelencia ambiental.
Destináronse 5,5 millóns de euros a seguir avanzando nos proxectos de mellora ambiental da biofábrica, tales como a minimización de cheiros, vapores e ruídos. Neste sentido xa se conseguiron grandes avances, posto que o cheiro chegouse a reducir nun 99%, desde que comezou o proxecto de cero cheiro no ano 2010, pasando de máis de 4.000 minutos de cheiro mensuais a menos de 1 minuto por día.
Destacan ademais os proxectos de tratamento de augas de proceso que Ence está a implementar na biofábrica de Pontevedra para reducir o consumo de auga por tonelada de celulosa producida. Así, o investimento realizado, de 2,5 millóns de euros, logrou reducir o consumo de auga bruta nun 10%. Un descenso que se eleva ao 23% se se compara cos datos de 2016.
Outra mellora ambiental implementada ao longo do exercicio, e na que se investiron 2 millóns de euros, foi a instalación dun novo flotador DAF (dissolved airflotation) na planta depuradora das instalacións da biofábrica, o que supuxo unha maior robustez ao sistema de tratamento de efluentes.
A biofábrica de Pontevedra conta cun proxecto de fiabilidade ambiental, unha suma de medidas dirixidas a xerar melloras en materia ambiental durante as diferentes partes do proceso produtivo. Mediante esta iniciativa, a enxeñería de proxectos de Ence traballa deseñando e implementando tecnoloxía que permita reducir o impacto ambiental en todos os ámbitos posibles.
Ademais, o pasado ano a compañía culminou o seu proxecto de integración paisaxística da biofábrica de Lourizán, destinando 4 millóns de euros á mimetización das instalacións coa súa contorna. Esta iniciativa, na que participaron 18 empresas galegas, permitiu reducir sensiblemente o impacto visual da planta, grazas a envolturas nos edificios máis visibles e á introdución de masas de arboredo ao redor do complexo industrial.
A empresa traballa para que todas as súas plantas sexan exemplos de sustentabilidade -eixo estratéxico para a compañía- e, en consecuencia, de competitividade. Ence Pontevedra é un exemplo de contribución á economía circular, e mesmo foi recoñecida con prestixiosos recoñecementos internacionais, como a Distinción Ouro da Comisión Europea pola súa mellora ambiental, a ecoetiqueta Nordic Swan, selo ecolóxico oficial dos gobernos escandinavos, e o certificado AENOR Residuo Cero, que acredita a Ence Pontevedra como unha organización que leva a cabo unha xestión eficiente dos seus residuos, logrando valorizar internamente máis do 99%.
Relacionadas:
-
Bioeconomía forestal, fronte á crise enerxética e climática
Por Noticia patrocinada |
-
Ence pecha o primeiro trimestre con 12 millóns de euros de perdas
Por Redacción |
-
A estratexia verde da UE para a recuperación tralo coronavirus chega á industria pontevedresa
Por Redacción |
-
Ence: Produtos hixiénicos e sanitarios básicos fabricados con celulosa
Por Noticia patrocinada |
-
Ence, referente do seu sector en desempeño ambiental nas súas biofábricas de Pontevedra e Navia, segundo a avaliación de WWF
Por Noticia patrocinada |
-
O modelo Ence: sustentabilidade como prioridade estratéxica e contribución á Economía Circular
Por Noticia patrocinada |